Nova entrega do ciclo de conferencias ‘Baixa á Praza’. Convidamos a expertas en diferentes temáticas para que nos acheguen de xeito divulgativo as súas investigacións.
Nesta ocasión o convidado é o profesor da USC Daniel Lanero, centrado no estudo da política social e, particularmente, da vivenda social durante o franquismo, así como no clientelismo político e a mobilización social entre ditadura e democracia.
Ciclo de entrevistas realizado co apoio da Deputación da Coruña.