Editan
Teo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de doce meses na Universidad Autónoma de Aguascalientes. Estudei o mestrado de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2019) e o de Formación de Profesorado (2020). Os meus intereses están vencellados ás implicacións da migración galega tanto nos lugares de destino como nos de partida e aos estudos de xénero na Galicia contemporánea.
Fene, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de nove meses na Universidade Jagiellonski de Cracovia. Estudei o máster de Historia Contemporánea na Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente curso o doutoramento na USC, investigando sobre a historia social do deporte en Galicia na primeira metade do século XX.
Redondela, 1996. Graduado en Historia (2018), máster en Historia Contemporánea (2019) e máster en Profesorado (2020) pola USC. Tiven a sorte de publicar algúns artigos sobre a Transición dende o punto de vista municipal e local, tema ao cal dediquei as investigacións que realicei ata o momento, especialmente para Redondela. Actualmente oposito a profesor de Xeografía e Historia e xestiono, xunto á miña familia, o proxecto de recuperación da vida e a obra do escultor lugués Luis Ferreiro Peinó.
Colaboran
Socióloga e co mestrado de Dones, Gènere i Ciutadania na Universidade Autónoma de Barcelona. Na actualidade realizando o doutoramento na UAB sobre relacións de xénero nas organizacións políticas e traballando como consultora e formadora en Esberla SCCL.
A Coruña, 1997. Escritor e xornalista. Cursou o Grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, onde está a realizar estudos de mestrado. Foi redactor da TVG e é membro da emisora CUAC FM, da que foi Coordinador de Comunicación. No 2019 publicou o libro de relatos Os Jeans de María e participou na antoloxía Poesía Galega Novísima (2020). Coordinou ata 2020 a sección de xornalismo da revista Ligeia e ten publicado en Grial e Dorna.
Vigo, 1999. Na actualidade curso os Estudos Artísticos Superiores na especialidade de piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Estudante de Xeografía e Historia na UNED. Móvome entre diferentes aspectos da Historia social occidental pero sempre coa expresión artística como piar central. A cabalo entre o medieval e a modernidade.
Montederramo, 1998. Son estudante de historia pola Uvigo. Cando me enfado escribo artigos de opinión e divulgación en Praza Pública. O tema de investigación que máis interese me esperta son os pensamentos reaccionarios como o fascismo e as súas experiencias históricas.
Pontevedra, 1994. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursei o máster de Historia Contemporánea na mesma universidade. As miñas liñas de interese son a conflitividade social, a violencia política e a acción colectiva, incluindo o seu enfoque para o ensino. Ademais, estou interesado no caso do independentismo en Puerto Rico e a súa conexión coa nova esquerda en América Latina e EE.UU na segunda metade do XX. Actualmente estou opositando.
O Vicedo, 1967. Licenciada con grao en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Sección Historia da Arte. Especialidade de Museoloxía. 1985-1990. As súas principais liñas de investigación principais están relacionadas co ouro e a ourivería antiga, o patrimonio cultural galego e a historiografía do MPL. É Directora do Museo Provincial de Lugo dende outono do 2008, e ten participado con máis dun cento de publicacións en revistas, xornais, boletíns e actas de congresos.
A Coruña, 1996. Graduado en Historia (2018) e máster en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2019). As miñas liñas de investigación enmárcanse na Revolución Cubana, nas redes transnacionais da esquerda armada e na relación entre as descolonizacións e o Estado colonial, especialmente o caso portugués. Fóra das décadas dos sesenta e setenta interésanme as experiencias dos exilios durante a ditadura franquista.
Ordes, 1988. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou traballos de antropoloxía na revista Agália, na Gazeta de Antropología da Universidade de Granada e no último número de Mazarelos: revista de Historia e Cultura
Sao Paulo, 1972. Doutor em História (UFG, 2009), com Pós-Doutorado em Antropologia (UnB, 2013) e em História (UFF, 2017). Atualmente, é professor na Universidade Federal do Amapá (Unifap), onde leciona Metodologia do Ensino de História na graduação e na pós-graduação. É autor, dentre outras obras, de Atikum – os índios negros de Mato Grosso do Sul (Editora CRV, 2019).
Campeche, 1985. Investigador pos-doutoral en Historia polo Centro de Investigacións e Estudos Superiores en Antropologia Social (CIESAS). Obtiven o Premio á Mellor Tese de Doutoramento pola Academia Mexicana de Ciencias (2015). Os campos de investigación nos que estou inmerso xiran en torno ao estudo da xeografía histórica, intercambios comerciais e eventos de violencias integrado na historia colonial do Golfo-Caribe, de modo específico na historia da pirataría.
Friol, 1999. Estudante do Grao en Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Os temas que máis me interesan son a Historia Medieval, a Historia de Galicia e a Historia de xénero, prestando especial atención aos enfoques que aportan a esas temáticas a Historia social e a Historia das mentalidades.
Compostela, 1991. Doutor en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente investigador posdoutoral da Xunta de Galicia. A súa investigación céntrase no estudo das variables psicosociais que motivan a participación das persoas en movementos políticos e acción colectiva, así como aquelas que poden predicir o extremismo político. Máis concretamente, estuda como a moralidade humana e os procesos psicolóxicos relacionados coa mesma inflúen os citados comportamentos.
Milton Keynes, 1992. Licenciado en Historia e Estudos Hispánicos pola University of Birmingham (2014). Actualmente doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Escribo a miña tese sobre a presenza de inmigrantes galegos no Paraguai (1860-1960). Membro da Asociación Española de Americanistas. Co-fundador da revista cultural A Que Cheira, Papá? Fun vikingo no entroido de Xinzo.
Vigo, 1999. Graduado en Filosofía pola USC. Estudante do Máster en Filosofía Política na UPF. Estou interesado nos problemas contemporáneos da ética e da filosofía política.
Bergondo, 1995. Graduado en Historia e mestrado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, e mestrado en Profesorado pola Universidade de Vigo. Na actualidade cursa o Doutoramento en Historia Contemporánea na USC. As súas investigacións en progreso inclúen ás relacións diplomáticas no Caribe nos años 60, as políticas rexionais da OEA e dos EEUU e a influencia da Revolución Castrista nas mesmas. É membro do comité académico da revista Casa dos Espellos.
A Devesa-Ribadeo, 1961. Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005 e director do Departamento de Historia Contemporáneada USC. Entre outras ocupacións, dirixe o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, o fondo DOAME e a Cátedra Juana de Vega. Ten unha ampla obra relacionada coa construción da modernidade en Galicia, a innovación tecnolóxica na agricultura galega contemporánea, o mundo rural e a guerra civil.
O Barqueiro, 1991. Graduada en español: Estudos lingüísticos Literarios pola Universidade da Coruña, cun curso Erasmus en Hungría e un Sicue en Sevilla. Cursou o mestrado en Ensino do español como Lingua estranxeira na Universidade de Barcelona. Traballou como profesora de español en países como Hungría e China, e estivo dez meses nun proxecto de voluntariado en Romanía. Recentemente, foi lectora de español na Universidade de Lisboa.
Ourense, 1997. Graduada en Historia (2019) e no mestrado de Historia Contemporánea (2021) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente cursa o doutoramento en Historia Contemporánea.
Os meus estudos e temas de interese céntranse nos camiños do exilio republicano español dende o Golpe de Estado de 1936, na figura e na memoria do exiliado e nas traxectorias e experiencias vitais do deportados galegos a campos de concentración da Alemaña Nazi.
Graduouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2022, e realizou na mesma universidade o Mestrado en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos, que rematou en xullo de 2023. Realizou tanto o seu Traballo final de Grao como de Mestrado baixo a tutela de Marta Cendón Fernández, ambos enfocados na arquitectura altomedieval e a súa repercusión na ditadura salazarista. Actualmente está a realiza-la tese de doutoramento, dirixida por Marta Cendón Fernández e David Chao Castro, dentro doprograma de doutoramento en Estudos Medievais, na que segue a mesma liña de investigación.
Lugo, 1999. Son un apaixonado do mundo da cultura e a comunicación. Estudiei, produción audiovisual e análise e escritura de guións. A miña experiencia inclúe traballar en documentais, onde aprendín a contar historias de maneira impactante e auténtica. Ademais, tiven o privilexio de desempeñarme como auxiliar de programas na Radio Galega, onde afiei as miñas habilidades na elaboración de contidos. Cada día, busco oportunidades para fusionar a miña paixón pola cultura coa miña formación académica, coa esperanza de contribuír de maneira significativa ao mundo da comunicación.
Ferrol, 1997. Estudante de Filoloxía Hispánica, minor na área de Teoría literaria. Interese no ámbito da socioloxía, especialmente no campo do feminismo e as escrituras dende o corpo. Actualmente en Compostela.
Ribadeo, 1996. Son graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia dun curso na Universitat Autònoma de Barcelona. Actualmente estou cursando o grao de Dereito na Universidad Nacional de Educación a Distancia. Os meus campos de estudo céntranse na historia de Ribadeo e a súa área desde o século XVII ata a actualidade e as dinámicas e historia económica occidental desde a conformación do capitalismo mercantil.
Vigo, 1998. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente cursando o Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos. Os temas de maior interese para min son aqueles vencellados con cuestións de mentalidades e pensamento na Idade Media, así coma a plasmación do medieval na cultura popular actual.
David Lage López
Lugo, 1995. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2018), posteriormente realicei o mestrado de Historia Contemporánea pola mesma universidade e agora atópome estudando o mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. As miñas liñas de investigación centráronse na formación da sociedade de consumo e as súas características no modelo español e galego, así coma os niveis de vida e salarios da clase traballadora.
Viveiro, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando na mesma o Máster en Historia Contemporánea. Teño especial interese nos movementos de resistencia á ocupación nazi e, actualmente, os meus estudos están vencellados á resistencia antifranquista e guerrilleira no norte de Galicia.
Boiro, 1996. Estudante do Grao de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolvo a miña actividade investigadora principalmente no campo da Epistemoloxía e a Filosofía Política.
Baralla, 1996. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, cursando o mestrado en Estudos Medievais Europeos: imaxes, textos e contextos na mesma universidade. O meu interese principal é o estudo de cuestións relacionadas coa rexinalidade baixomedieval e, en termos xerais, coa historia de xénero na Idade Media.
Augapesada (Ames), 1995. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia dun curso académico na Universidade Jagielloński en Cracovia, Polonia. Actualmente curso o máster de profesorado na especialidade de Xeografía e Historia na Universidade de Granada. Os meus intereses están vencellados a historia do século XX, especialmente no centro-leste de Europa.
A Coruña, 1995. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2018). Actualmente, cursando Deseño de Moda no Instituto Europeo di Design. Interesada especialmente nas artes aplicadas, as miñas investigacións céntranse nas relacións entre a moda e a arte ao longo da Historia.
Palencia, 1996. Graduado en Xeografía e Historia (2018) e Máster Universitario en Profesorado (2019) pola UVigo, así como Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (2021) pola USC. Fun investigador contratado no grupo de Historia Contemporánea (HC1) da Uvigo (2018) e, actualmente, son investigador predoutoral en Protección do Patrimonio Cultural, dentro do devandito grupo de investigación. As miñas liñas de investigacións e publicacións baséanse no estudo das elites e do poder local desde a construción do Estado liberal, así como das institucións provinciais e municipais.
Teis, 1994. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2017), centro no que estou cursando o Máster en Historia Contemporánea hoxe en día. Na actualidade estou centrada no estudo local dos movementos sociais urbanos na Galiza do Tardofranquismo e da Transición. Da mesma maneira, tamén estou interesada noutros aspectos da acción colectiva, como as diversas prácticas de violencia política que se deron no mesmo período histórico e a súa influencia sobre o devir do proceso.
Vigo, 1997. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2019) cunha estancia de 9 meses na Charles University de Praga, República Checa. Mestrado do profesorado na Universidade Europea de Madrid (2020). Actualmente profesor de segundo da ESO nun colexio de Vigo. Os meus intereses céntranse na Historia Moderna e Contemporánea de Europa, en concreto o espazo xeográfico do Leste e do Centro de Europa, atendendo á historia social e política da antiga Unión Soviética e os Balcáns. Profundo interese tamen nas súas linguas e manifestacións culturais.
Ourense, 1996. Graduado en Historia (2018) e mestrado de Formación de Profesorado (2019) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, docente de Xeografia e Historia en educación secundaria e bacharelato. Os meus estudos céntranse na limpeza política levada a cabo polos sublevados durante o Golpe, a Guerra e a Ditadura, en concreto o caso galego. Investigo sobre a didáctica dos xenocidios e o ensino da Historia do século XX.
Venezuela, 1992. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente cursando o Máster en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural na Universidade de Vigo. Os meus intereses abarcan dende a historia da arte medieval ata a arte urbana, aínda que tamén me interesa a arte en relación coa antropoloxía e o seu reflexo na sociedade.
Caldas de Reis, 2001. Na actualidade curso o Grao en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Estou interesada no estudo histórico de cuestións ligadas a problemáticas actuais, como a lingua, o xénero, a colonialidade ou a etnia.
Pontedeume, 1996. Graduada en Xeografía e Ordenación do Territorio pola Universidade de Santiago de Compostela (2018). Maestrado en Planificación e Desenvolvemento Territorial Sostible pola Universidad Autónoma de Madrid (2019). Teño especial interese no urbanismo e na sostibilidade territorial, sobre todo nas formas de ocupación do territorio e na expansión das cidades.
Lugo, 1996. Graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (Humanidades) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente realizo o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato por Xeografía e Historia. As miñas liñas de investigación céntranse no estudo das mulleres en movementos sociais, políticos e de loita durante o século XX. Tamén teño especial interese nos movementos revolucionarios de transformación social enmarcados na Idade Contemporánea, en especial a Revolución Rusa e a Revolución Cubana.
Lugo, 1969. Licenciada en Xeografía e Historia na Sección de Historia del Arte, especialidade Museoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1992 traballa no Museo Provincial de Lugo no Departamento de Bellas Artes. Ten sido relatora en diferentes xorndas e publicado títulos como “Instantes na memoria. Fotografías de Salvador Castro Freire 1869-1952” ou “Museo do Prado. Os depósitos no Museo Provincial de Lugo”.
Vilagarcía de Arousa, 1996. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster de Historia Contemporánea na mesma universidade e Máster en profesorado na UVigo. Os meus intereses son a historia de xénero e a historia social.
Galdo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén cursei o Mestrado de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade. Os meus obxectos de interese son a historia política e a arqueoloxía funeraria durante a Alta Idade Media, especialmente no territorio galego e nas Illas Británicas.
O Barco de Valdeorras, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursei o Mestrado en Historia Contemporánea na mesma universidade e o Mestrado en Formación do Profesorado de Ensino Secundario na UVigo. As liñas de investigación polas que me intereso son a conflitividade social, a acción colectiva e a violencia nas súas diversas expresións. Asemade, teño interese polo período de entreguerras e o ascenso dos fascismos en Europa.
Ourense, 1995. Graduado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, e máster en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. As miñas investigacións pivotan arredor da formación, desenvolvemento e consolidación dos partidos conservadores de corte estatal na Galicia da Transición, con énfase no proceso de formación de elites institucionais dos mesmos, e da relevancia dos organigramas políticos previos nos mesmos. Xunto con iso,tamén traballei arredor do campo do sindicalismo católico a comezos do século XX, ou das violencias políticas na Transición.
Lugo, 1996. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2018). Máster en Estudos Avanzados de Museos na Universidade Complutense de Madrid (2020). Actualmente realizo o M.A. en Museum Studies na New York University cunha beca de posgrao da Fundación Barrié. As miñas liñas de investigación céntranse en aspectos relacionados coa museoloxía e a museografía. Teño especial interese nas novas museoloxías e na concepción do museo como un espazo de educación e comunicación para todos os públicos.
Vigo, 1988. Historiadora da Arte. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialización en Arte da Idade Moderna. A súa liña de investigación principal é a arte universal nas súas distintas ramas, influencias e expresións.
Vigo, 1994. Graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, en 2022 rematou a súa tese de doutoramento, dirixida por Jesús Á. Sánchez García, O lugar da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): autorreflexións e olladas vernáculas. Teoría, historiografía, praxe. Entre as súas liñas de investigación salientan a teoría da arquitectura contemporánea, a historia da arquitectura do século XX, o patrimonio e a súa conservación ou as converxencias entre contemporaneidade e as linguaxes locais e vernáculas, con especial énfase no ámbito galego. Ten escrito varios capítulos de libros e artigos para as revistas Mazarelos, Glaucopis, Sémata, Espacio, tiempo, forma. Serie VII Historia del Arte ou Quintana.
Coristanco, 1995. Graduada en Historia da Arte (2017) cun mestrado en Xestión de Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (2018) pola Universidade de Santiago de Compostela, e mestrado en Formación do Profesorado (2019) pola Universidade Alfonso X El Sabio. Na actualidade oposito para profesora de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato na especialidade de Xeografía e Historia.
Salvaterra de Miño, 1999. Estudante do Dobre Grao en Historia e Xornalismo na Universidade Rei Juan Carlos. Curso o meu cuarto ano nestes estudos coa vontade de especializarme en profundidade na Historia. As miñas liñas de interese son a Historia Medieval, a Historiografía de Xénero e a Antropoloxía co fin de que estas disciplinas poidan axudar á lectura do noso presente.
Santiso (Pontevedra), 1995. Cursei o grao en Filosofía na USC e o máster en Filosofía: coñecemento e cidadanía na mesma universidade. Traballo na área de filosofía moral, centrándome na área de ética das poboacións mais tamén noutras áreas afíns como as da ética animal e a teoría da decisión, nas que realizarei publiacións no futuro.
Gomariz, 1994. Graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudei o mestrado de Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. As miñas liñas de investigación actuais versan sobre historia e arte na Comarca do Ribeiro, así coma estudos iconográficos adicados en especial á arte marxinal.
Sputnik Labrego é un proxecto de investigación formado por unha ducia de persoas cuxo obxectivo é o estudo das sociedades labregas na longa duración histórica. Entre as súas actividades máis importantes están as escavacións na Ciudad de la Selva, un conxunto de campamentos da guerrilla antifranquista, en Casaio (Ourense) e a análise da fin do Imperio Romano na bisbarra de Valdeorras.
Segufe (Coristanco), 1995. Graduado en Historia da Arte (2018) e cun mestrado en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico (2019) pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade curso o programa de doutoramento da USC cunha investigación sobre a historia da morte, o necroturismo e a arte funeraria no século XIX. Os meus estudos adoitan relacionarse coa arquitectura e o urbanismo, as mentalidades e a cultura da época contemporánea.
Ourense, 1997. Gradueime en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo no ano 2019 para continuar os meus estudos na Universidade de Santiago de Compostela a través do Mestrado de Historia Contemporánea ao ano seguinte. Actualmente atópome rematando o Mestrado de Profesorado, tamén na USC. No eido da investigación interésanme os temas que teñan relación co mundo actual, coa Historia Cultural e Política mais tamén coa Socioloxía.
Taboada, 1998. Graduado en Historia (2020), con mestrado en profesorado (2021) e historia contemporánea (2022) pola USC. As miñas investigacións céntranse no estudo da Transición, as organizacións políticas e as mobilizacións no ámbito local e rural. Fóra diso, tamén me interesan a historia agraria do século XX, os usos do territorio e, de modo xeral, o relacionado co mundo lusófono.
Ponteceso, 1991. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2013). Ano no que comecei o mestrado de Educación, Igualdade e Xénero na mesma universidade, especializándome na Historia de Xénero contemporánea. Teño un especial interese polas liñas de investigación da memoria histórica, historia de xénero e a historia agraria bretoa e galega. A día de hoxe son técnica administrativa da Fundación Galiza Sempre e compaxino esta labor escribindo artigos para algún xornal e revista tanto da Bretaña como de Galiza.
Ferrol, 1997. Graduado en Historia (2019) e cursando o Máster de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Interésame o papel que desenvolve a Historia na sociedade, a memoria -e o olvido-, a historia sociocultural e das mentalidades, e tamén o desenvolvemento das ditaduras, a guerra e os conflitos no s. XX. Actualmente centro as miñas investigacións na relación entre Historia e os videoxogos dende o punto de vista dos historical games studies.
Madrid, 1998. Estudante de último curso do Grado de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Os meus intereses están vencellados principalmente ao estudo do xénero e da filosofía moral.
Viveiro, 1994. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Conservación do Patrimonio Cultural pola Universidade Complutense de Madrid. Os meus estudos defínense con dúas liñas de investigación moi diferentes: por unha banda, a simbiose existente entre a pintura e o cine, con especial interese no cine español da man de Víctor Erice; e por outra, a conservación, centrada naqueles lugares que aínda están sen musealizar, en concreto a Buchería, localizada na Catedral de Santiago, onde fixen a miña Beca FEUGA.
Vicenza, 1992. Licenciado en Filosofía pola Università di Torino, cursando actualmente o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Vice-presidente da plataforma Gallinae in Fabula, editor da revista Animal Studies e colaborador doutras como o Laboratorio Galego de Ecocrítica ou o Centro Studi Filosofia Posthumanista. Interesado en cuestións como o posthumanismo, o antropocentrismo e a bioética.