Mazarelos coas mulleres na Ciencia

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas elixiu alá por 2015 o día 11 de febreiro como a data na que reivindicar a presenza da muller no mundo da Ciencia. O propósito desta elección era o de recordar o papel e a loita de moitas mulleres que ao longo da historia miraron as súas investigacións e traballos silenciados pola cuestión de xénero. Desta forma, bloquéase a xeración de referentes femininos de moitas nenas, facendo que as cifras da participación das mulleres nas carreiras científicas sexan moi baixas. 

Xa van sete anos dende ese primeiro aniversario e as mobilizacións co fin de non perpetuar os índices negativos non cesaron. De feito e se cabe, a loita e as esixencias por dar visibilidade ao papel da científica aumentaron. Este ano, en Galicia axendáronse múltiples encontros e xornadas especialmente arredor da iniciativa de moitas organizacións. Algunhas destas actividades realizaranse en formato remoto por mor da pandemia mais pouco a pouco vanse retomando as xuntanzas presenciais. Nas nosas redes sociais fixemos unha recompilacións dalgúns dos actos convocados promovidos por algunhas das institucións e grupos de investigación de Galicia.  

Una das campañas que máis eco tivo nos últimos tempos foi a da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas. No 2021 sacou a campaña neste mesmo día chamada #NoMoreMatildas. O nome propio ao que fai referencia este imperativo é o de Matilda Joslyn Gage, sufraxista e abolicionista norteamericana que se mobilizou por erradicar as diferenzas entre homes e mulleres. Na década dos anos noventa, a historiadora Margaret Rossister coñecía a figura de Gage e acuñou o “Efecto Matilda” para referirse as desigualdades das mulleres no terreo científico e de investigación.  A AMIT tomou como referencia este fenómeno discriminatorio para crear #NoMoreMatildas. Unha das súas iniciativas sou a creación dun anexo  no que se recolleran as biografías dalgunhas das máis destacadas mulleres no eido da ciencia. O propósito de este anexo era ser colocado nos libros de historia e ciencia dos manuais escolares para non deixar de lado a participación feminina neles. Cunha versión en galego, este recoñece personalidades como a xeóloga e sismóloga danesa Inge Lehmann, a inventora austríaca Hedy Lamarr ou a matemática alemá Emmy Noether, entre outras.  

Dende Mazarelos queremos contribuír ao traballo das nosas compañeiras no mundo da Ciencia cunha pequena achega. Pescudamos e elaboramos un anexo particular para dar valor a algunhas das referentes galegas na Historia da Ciencia do país que traballaron por dar a coñecer mellor a nosa terra dende múltiples prismas. 

Anexo de Científicas Galegas

Laura Rodríguez Rodríguez

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade