O xoves 27 de outubro ás 19:00h levouse a cabo no Museo Provincial de Lugo a
presentación e coloquio do novo número de Mazarelos: revista de historia e cultura.
No evento participaron Maite Ferreiro Tallón, Vicepresidenta da Deputación de Lugo; Aurelia
Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo e Clara Reigosa Lombao, membro
do consello editorial da revista e historiadora da arte.
O número 8 de Mazarelos arranca no estudio de Antonio Murado, entre tubos e botes de
pintura cunha reportaxe ao artista lucense. Segue cunha reflexión sobre os irmandiños, e
tamén coa relixiosidade popular e o clero en Galicia. Preséntasenos a Atenea como a
primeira imaxe do Museo Provincial de Lugo e mesmo chegamos á presenza de Galicia en
Xapón no eido musical. Tamén unha entrevista con Arantza Portabales e Diego Giráldez: a
inspiración, as implicacións de publicar unha obra ou a transición do papel ao dixital. Pecha
a revista a asociación Espazo Brétema co propósito de crear unha rede de artistas galegas.
Todo encabezado por Iria Ribadomar coa lámina “Jaliñeiro de Elena”.
Podes adquirir o teu número na nosa Tenda en liña ou nos diferentes puntos de venda