Descanso de verán

Foron seis meses inesperados. Comezamos coa idea de formalizar un blog onde subir todos eses traballos que quedaban no tinteiro. O proxecto comezou a formalizarse e cada vez recibimos máis apoio. As redes respaldaron o formato, e as colaboracións aumentaron. Artigos doutras disciplinas complementaron a nosa intención transversal e, para a nosa sorpresa, interesou e tivemos quen nos lera. Incluso quen nos entrevistara. Hoxe podemos dicir que temos 64 artigos subidos á nosa páxina, máis dos que nunca imaxináramos posible.

Coa chegada do verán coidamos que o mellor será tomar un descanso até setembro co obxectivo de coller máis impulso. Malia todo, seguiremos a actividade nas redes sociais para que non vos olvidedes de nós e poidades darlle unha oportunidade aos artigos que non lérades, así comoaqueles que pensades merecen unha segunda lectura. Tamén seguiremos informando sobre o noso proxecto de levar Mazarelos ó papel, do cal teredes novidades proximamente.

Por último, é hora de facer reconto de agradecementos. Grazas primeiramente ás colaboradoras e colaboradores que optáchedes por darlle parte do voso tempo a este formato. Grazas a Carlos, Sara, Nicola, Lucas, Lucía, Jose, Uxía, Brais, Raúl, Manuel, Xaquín, Philip, Clara, Ángel, David e Rodrigo. Pero tamén grazas a todas e todos, lectores de Mazarelos, que nos dades folgos para continuar con este modelo esperemos moito tempo máis. O voso apoio foi sempre un faro que nos guiou a continuar pese ás complicacións e dificultades xurdidas.

Volveremos con folgos renovados en setembro con máis artigos inéditos. Pasade bo verán e cargade ben as pilas como faremos nós, que queda Mazarelos para rato.

Máis artigos

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade