Este ciclo de entrevistas é unha forma de achegar os contidos históricos dende a academia á sociedade xeral dunha forma divulgativa. Un ciclo de entrevistas nas que falamos con expertas sobre elementos da historia e a memoria de Galicia. Todas elas foron gravadas en distintas prazas de Santiago de Compostela represetando ese espazo de encontro da comunidade. Xénero, memoria ou gastronomía foron algunhas das temáticas xurdidas nestas conversas, culminando todas cunha pregunta común sobre como divulgar mellor a historia.
Baixa á praza realizouse co apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago.
Catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela. Na entrevista falamos sobre xénero, memoria e divulgación histórica.
Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Falamos sobre os usos do Pazo de Meirás, sobre nacionalismo español e galego e as identidades rexionais baixo o franquismo.
Investigadora predoutoral na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta conversa saíron temas como as violencias femininas durante a guerra civil, sobre o uso dos espazos de memoria e a carreira investigadora das mulleres.
Profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Na entrevista falamos sobre o patriarcado na alimentación galega, as propiedades medicinais dos licores e o o papel do viño na sociedade.
Profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Falounos da vivenda social durante o franquismo, así como do clientelismo político e da mobilización social entre ditadura e democracia.
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. No 2022 publicou o libro “A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea”, do cal falamos nesta entrevista.
Mazarelos
Sociedade Cooperativa Xuvenil sen ánimo de lucro
cooperativa@mazarelos.gal
mazarelos.gal:
ISSN 2792-2561
Mazarelos: revista de Historia e cultura
ISSN: 2695-6276