Comunicado conxunto – Ab Origine e Mazarelos

Tras uns primeiros contactos durante este outono, representantes da revista dixital de divulgación histórica en català, Ab Origine, e o proxecto para a divulgación histórica en galego, Mazarelos, reuníromonos para compartir inquedanzas e experiencias dos nosos proxectos. Finalmente, ambas organizacións decidimos colaborar de agora en adiante.

Ab Origine é unha revista creada en maio do 2015 por un grupo de recentes graduados en historia. A nosa misión é a difusión da historia dende o rigor, a calidade e en català. Dende entón, Ab Origine foi gañando referencialidade, constituíndo un espazo e ferramenta para estudantes e novos investigadores e investigadoras en historia: así o corrobora o traballo de máis de centocincuenta colaboradores.

Durante a nosa reunión e posteriores contactos, vimos que Ab Origine e Mazarelos compartían orixes, obxectivos, metodoloxías e problemáticas. Aínda coas nosas respectivas particularidades, as nosas organizacións atópanse nun estado inicial de consolidación e mellora cualitativa. É por iso polo que, de mutuo acordo, decidimos traballar en:

  • Compartir cruzadamente os nosos contidos: estamos a traballar para adaptar e traducir artigos e outros contidos do galego ao català e viceversa. Queremos que o traballo dos nosos colaboradores sexa lido máis aló dos seus lugares de orixe de publicación.
  • Publicitarnos mutuamente: Proximamente anunciaremos publicidade permanente de Ab Origine e Mazarelos nos nosos respectivos espazos web. Así, queremos dar a coñecer os nosos proxectos en Catalunya e Galiza.
  • Realizar entrevistas conxuntas: Ademais de comezar a xestión para traducir e compartir entrevistas, traballamos para a realización de entrevistas conxuntas, e sobre unha mesma temática, a académicos e/ou a axentes sociais de Catalunya e Galiza.
  • Trazar proxectos conxuntos: Comezamos a formular diversos proxectos nos que traballar estratexicamente a medio-longo prazo. Cremos que estes nos axudarán a consolidar as nosas iniciativas e mellorar a nosa referencialidade.

Esta relación está a comezar; emporiso aínda tardaremos un chisco en materializar os nosos proxectos en común. Polo tanto, pedimos aos noso lectores e lectoras que se manteñan atentos nos vindeiros meses, nos que colleitaremos os primeiros froitos desta colaboración.

Moltes gràcies per la vostra confiança / Moitas grazas pola vosa confianza

Equipos editoriais de Ab Origine e Mazarelos

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade