Quen somos?

Mazarelos é un proxecto colectivo para divulgar e poñer en valor a Historia e as Ciencias Sociais na rede. Queremos ofrecer novas visións, formular novas preguntas e promover a reflexión nas redes e na rúa. A nosa actividade céntrase en tres campos de actuación que se complementan: a páxina web mazarelos.gal, a revista en papel Mazarelos: revista de Historia e Cultura e o apartado audiovisual.

Detrás de Mazarelos

A páxina

Mazarelos.gal é un proxecto que busca achegar a historia e a cultura a novos públicos, explorando diferentes formatos e adaptándonos ás necesidades comunicativas de hoxe. Queremos ser o primeiro chanzo para que as novas xeracións ofrezan as súas investigacións á sociedade.

Mazarelos.gal naceu en xaneiro de 2019 como unha plataforma web na que publicar artigos curtos de divulgación sobre ciencias sociais e humanidades. Neste tempo foron publicados en mazarelos.gal máis de 200 artigos por 40 colaboradoras.

A revista

Mazarelos: revista de Historia e Cultura é unha publicación cuatrimestral en formato físico. En cada número queremos levar ás librarías galegas temáticas e abordaxes diferentes, que ofrezan respostas pero, sobre todo, que formulen novas preguntas e inviten á reflexión.

O primeiro número publicouse en xaneiro de 2020 e van xa 10 números publicados. Podes consultar todos os índices, mercar a revista na nosa tenda en liña, enviar unha proposta de artigo ou subscribirte para recibila na túa casa a partir de agora.

A cooperativa

A actividade de Mazarelos coordinase dende Mazarelos Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil sen ánimo de lucro. Dende a cooperativa desenvolvemos estratexias de comunicación e divulgación dixital, proxectos de investigación histórica e accións culturais.

Fundámola en 2021 co obxectivo de establecer o proxecto, garantir a súa continuidade no tempo e ampliar as posibilidades e campos de acción.

Formulario de contacto