Normas de publicación

Mazarelos está aberto á recepción de textos para a súa versión web e para a versión en papel. As características dos artigos son distintas en función de onde se queira publicar, mais hai unha serie de condicións que deben cumplirse sempre:

  • Os artigos deben estar vencellados á Historia, ás Ciencias Sociais, ás Humanidades ou disciplinas afíns.
  • Todas as propostas deben estar escritas en galego. O equipo editorial terá en conta artigos noutras linguas se a persoa autora está de acordo coa súa tradución ao galego para a publicación.
  • A temática é totalmente libre. A persoa autora deberá ser responsable das ideas expresadas, que estarán sustentadas en argumentos fundamentados e rigorosos.
  • O artigo debe ser inédito. Non son aceptados artigos publicados noutras revistas anteriormente. Poderán facerse excepcións en caso de artigos publicados previamente noutras linguas, previa autorización do equipo editorial.

En caso de dúbida coa temática ou con algunha das características formais, podedes poñervos en contacto con nós a través de revista@mazarelos.gal ou no formulario de contacto.

Artigos para mazarelos.gal

As propostas de artigos para mazarelos.gal deben enviarse ao email colabora@mazarelos.gal e no asunto debe figurar “Proposta artigo mazarelos.gal”. Neste mesmo correo é preciso enviar os seguintes arquivos:

· Artigo. En formato .doc ou .docx , texto con interlineado 1.5, tamaño 12 e Times New Roman. A extensión máxima para os artigos da web é de 5000 caracteres con espazos e notas incluidos (aproximadamente 800 palabras). Co obxectivo de facilitar a súa divulgación, apostamos por reducir a cantidade de citas e o seu tamaño. As citas deberán ir todas ao pé e estar adecuadas ao sistema de citas deste documento.

· Imaxes. Debe enviarse como mínimo unha imaxe para a cabeceira. Esta debe ter orientación horizontal ou cadrada. Non existe un máximo de imaxes por artigo. Todas elas deben acompañarse dun pé de imaxe que se debe incluir no arquivo de texto, no lugar onde se quere incorporar a imaxe. Todas as imaxes deben enviarse correctamente numeradas e deben ser imaxes de uso libre ou contar cunha cesión de dereitos para a reprodución, que debe ser incluida no correo.

· Biografía breve e fotografía. Debe ser adxuntado nun documento separado ou no propio corpo do email un texto biográfico de menos de 100 palabras sobre a persoa autora para incorporalo no artigo e na sección de colaboradoras. No texto indicarase o lugar e ano de nacemento e unha síntese de estudos, publicacións destacadas e liñas de investigación. Tamén se enviará unha imaxe da persoa autora. Se queren engadirse as redes sociais ou algún correo electrónico de contacto indicarase no correo.

Artigos para a revista

As propostas de artigos para Mazarelos: revista de historia e cultura deben enviarse ao email revista@mazarelos.gal e no asunto debe figurar “Proposta artigo Revista Mazarelos”. Neste mesmo correo é preciso enviar os seguintes arquivos:

· Artigo. En formato .doc ou .dox, texto con interlineado 1.5, tamaño 12 e Times New Roman. A extensión máxima para os artigos da revista é de 20000 caracteres con notas e espazos incluídos (aproximadamente 3200 palabras). Tamén serán aceptados outros formatos como poemarios ou reportaxes de actualidade. Os artigos deben estar encabezados por un título que non debe exceder dos 65 caracteres.

Os artigos só incluirán notas ao pé, que deben estar adecuadas ao formato do seguinte documento. Non debe incluirse unha relación bibliográfica final. No documento deben incluirse os pés de imaxe nos lugares onde desexarían ser incluídas. Este documento debe chegar anonimizado para ser enviado aos avaliadores.

· Imaxes. Debe enviarse como mínimo unha imaxe de portada (en formato vertical, tipo A4) e dúas imaxes para o corpo do texto. Non existe un máximo de imaxes mais a súa inclusión será determinada polo proceso editorial. Os pés de imaxe deben incluirse no arquivo do texto e deben incluir unha numeración, unha breve descrición e a procedencia da imaxe [Exemplo: Fig. 1. Lancha de pasaxe na ría, ca. 1930, Perlío (Fene). Fotografía 459. Arquivo do Reino de Galicia].

Deben ser imaxes de uso libre ou contar cunha cesión de dereitos para a reprodución, que debe ser incluida no correo. Contarán cunha resolución mínima de 300ppp.

· Biografía breve e fotografía. Debe ser adxuntado nun documento separado ou no propio corpo do email un texto biográfico de menos de 100 palabras sobre a persoa autora Indicarase o lugar e ano de nacemento e unha síntese de estudos, publicacións destacadas e liñas de investigación. Tamén se enviará unha imaxe da persoa autora. 

· Declaración de autoría firmada. É imprescindible adxuntar o documento de declaración de autoría e aceptación das normas firmado seguindo este modelo.