Memoria

A desfiguración da muller na guerrilla en Galiza

No noso imaxinario, a Resistencia ao Golpe de xullo de 1936 ou a configuración da posterior guerrilla debúxanse como espazos monopolizados pola figura masculina en detrimento da presenza feminina. O enfoque axeitado, dende un punto de vista histórico, que deberían recibir os traballos enmarcados baixo a liña de xénero, non pasa por caer no simplismo de tentar equiparar en termos cuantitativos a súa presenza neste escenario, senón que vai máis aló. É fundamental preguntarnos o papel que xogaban elas neste contexto, a visión que sobre a súa figura se tiña no bando oposto ou as razóns de seren relegadas a un plano secundario, entre outros interrogantes. Isto será o que nos permita avanzar de xeito favorable no coñecemento e na investigación histórica.

Sigue lendo

A presencia do exilio na industria cinematográfica mexicana (IV). Demetrio Bilbatúa

Demetrio Bilbatúa naceu en Vigo no ano 1935 no seo dunha familia declarada socialista. O seu pai, Demetrio Bilbatúa Zubeldia, era mestre e presidente do Partido Socialista de Vigo. Ademais, o seu tío Antonio era deputado socialista en Pontevedra e vicepresidente da Agrupación Socialista Local. Tan só un mes despois do inicio do conflito, Demetrio e Antonio foron capturados e xulgados por delito de traizón. A súa execución foi perpretada no cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936. A familia quedara sinalada como una ameaza, e tan só quince días despois do fusilamento o outro irmán, Luis, foi executado por un grupo de falanxistas no Cabral o 15 de setembro.

Sigue lendo