Unha pandemia, seis números dunha revista en papel e máis de douscentos artigos na web sepárannos daquel xaneiro de 2019. Sen saber cara a onde ir e chegando até este momento, botamos a mirada cara estes tres anos de actividade e só podemos agradecer a vosa compañía neste camiño.
Hoxe presentamos o deseño renovado da nosa páxina web, xunto con novidades e proxectos que arrincan. Recomenda! e Loitar saben son dous formatos que estrearemos durante este ano, bota unha ollada á sección de audiovisual.
Seguimos!