Artigos

O mapa de Galicia de Lloréns. Do pavillón de Galicia da Exposición Iberoamericana á Facultade de Xeografía e Historia da USC

En 1929 tivo lugar en Sevilla a Exposición Iberoamericana  (EIA) donde as catro deputacións galegas patrocinaron e xestionaron a construción do pavillón de Galicia. Este proxecto foi organizado pola Ditadura de Primo de Rivera, con claros fins propagandísticos do réxime, a través dun escaparate que amosara a diversidade do territorio español, o seu potencial e, por suposto, a unidade nacional, no conxunto internacional participante.

Sigue lendo

Galiza olímpica no 36

En 1931, o Comité Olímpico Internacional escolleu como sede para os Xogos de 1936 Berlín por diante de Barcelona. Algúns dos aristócratas do COI xulgaban perigoso o recente réxime republicano español e decidiron non correr riscos. Dous anos despois, Hitler chegou ao poder e veu nas Olimpiadas de Berlín unha oportunidade propagandística enorme para a Alemaña Nazi.

Sigue lendo

A desfiguración da muller na guerrilla en Galiza

No noso imaxinario, a Resistencia ao Golpe de xullo de 1936 ou a configuración da posterior guerrilla debúxanse como espazos monopolizados pola figura masculina en detrimento da presenza feminina. O enfoque axeitado, dende un punto de vista histórico, que deberían recibir os traballos enmarcados baixo a liña de xénero, non pasa por caer no simplismo de tentar equiparar en termos cuantitativos a súa presenza neste escenario, senón que vai máis aló. É fundamental preguntarnos o papel que xogaban elas neste contexto, a visión que sobre a súa figura se tiña no bando oposto ou as razóns de seren relegadas a un plano secundario, entre outros interrogantes. Isto será o que nos permita avanzar de xeito favorable no coñecemento e na investigación histórica.

Sigue lendo