Presentación revista Mazarelos 11 no Couto Mixto

O pasado sábado 28 de outubro celebrouse o acto de presentación do número 11 de Mazarelos: revista de historia e cultura nas Chaves do Couto (Meaus), no propio Couto Mixto.

Neste evento participaron Serxio María Rodríguez Álvarez, politólogo e autor do artigo ‘Os pastos mistos. O derradeiro vestixio do Couto Misto’ publicado na revista; José Rodríguez Cruz, etnógrafo do Couto e da Raia Seca e Miguel Rodríguez Martínez, historiador e editor de Mazarelos.

O politólogo e historiador comezou a presentación cunha contextualización histórica do Couto Mixto, dende as súas orixes ata as súas particularidades chegando ás reminiscencias actuais dos pastos mistos. Seguidamente José Rodríguez Cruz completou a proposta cunha serie de historias e lendas asociadas ao territorio, nas que participou o público asistente nutríndoas de achegas propias. Por último o editor de Mazarelos pechou o acto falando da revista e do papel da divulgación histórica na transmisión cultural en contextos locais do país. Algunhas das valoracións presentadas no debate posterior foron a interpretación dende o presente do pasado do Couto Mixto, a súa realidade na veciñanza galega e portuguesa asistente ao acto, e as perspectivas de futuro.

Máis artigos

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

2 comentarios en “Presentación revista Mazarelos 11 no Couto Mixto”

Deixa un comentario

Publicidade