Audiovisual

A plataforma en liña, a revista e agora tamén proxectos audiovisuais. Dende Mazarelos queremos achegarvos contidos adaptados aos tempos presentes con diferentes formatos: vídeos curtas, entrevistas e mesmo documentarios. A continuación achegámosvos algunhas das principais producións que levamos desenvolvidas neste último ano:

Loitar saben é unha serie documental que trata en dous espazos e temporalidades ben diferenciadas experiencias da vida das mulleres galegas. Dámoslle voz a elas mesmas para rachar eufemismos e tópicos que falsean a realidade histórica e, a través das súas lembranzas e memoria, achegarnos a fenómenos do pasado. Dúas pezas audiovisuais que ollan ao pasado e nos axudan a comprender o presente.

Unha forma de achegar os contidos históricos dende a academia á sociedade xeral dunha forma divulgativa. Baixa á praza é un ciclo de entrevistas nas que falamos con expertas sobre elementos da historia e a memoria de Galicia. Foron gravadas en distintas prazas de Santiago de Compostela represetando ese espazo de encontro da comunidade. Xénero, memoria ou gastronomía foron algunhas das temáticas xurdidas nestas conversas.

Buscando unha lectura na que mergullarse, unha película ou un espectáculo cultural? Traemos a Mazarelos un novo espazo no que ofrecer recomendacións culturais. Bótalle unha ollada á galería de vídeos, onde entrevistadas, colaboradoras ou calquera persoa pode suxerir e compartir as súas impresións dunha produción artística ou cultural.