En loita (2026)

Resumo

Un proxecto documental que recupera e visibiliza a participación das mulleres no movemento estudantil galego durante o tardofranquismo e os primeiros anos da democracia. A peza constrúe un relato coral a partir das voces de catro mulleres de distintas xeracións universitarias, que participaron en contextos, colectivos e momentos diversos, permitindo observar a continuidade e transformación das formas de mobilización ao longo do tempo.

A través dos seus testemuños en primeira persoa, o documental percorre as inquedanzas dunha xeración que accede á universidade nun contexto de represión, a súa implicación na loita polas liberdades e polos dereitos, a defensa da democratización do espazo universitario e a progresiva incorporación do pensamento feminista como marco de acción e conciencia. Máis alá de relatos illados, a peza revela unha cadea de transmisión entre xeracións, onde unhas abren camiño e outras recollen, reformulan e prolongan esa loita.

Financiamento

En Loita (2026) é un proxecto galardoado co Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade 2025 da Deputación da Coruña. Un proxecto de Mazarelos Sociedade Cooperativa Galega en colaboración coa Asociación Memoria e Cinema e co G.I. HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Equipo e ficha técnica

Dirección do proxecto: David Miguel Rodríguez Martínez
Investigación e entrevistas: Laura Rodríguez Rodríguez e David Miguel Rodríguez Martínez
Realización: Laura Piñeiro
Montaxe: Marta Insua
Dirección de fotografía e cámara A: Miguel Gomar
Son directo: Samuel de Abreu Lago
Cámara B: Sara Temes
Posprodución de imaxe: Miguel Gomar
Posprodución de son e BSO: Daniel Cornes
Grafismos: Coral Piñeiro

Título: En loita
Ano: 2026
Duración: 30′
Xénero: Documental
Entrevistadas: María Xosé Rodríguez Galdo, Nanina Santos Castroviejo, Sabela Mouriz Barja e Celia Balboa Guerra
Temáticas: feminismo, movemento estudiantil, historia oral, memoria, activismo

Agradecementos

Así mesmo, queremos recoñecer a contribución das seguintes persoas, cuxa participación resultou clave no desenvolvemento da iniciativa: Blanca Caamaño González, Camiño Noia Campos, Gonzalo E. Veloso, Gustavo Hervella García, Maite Agudo Carballal, Mariám Mariño Costales, Ricardo Gurriarán Rodríguez e Roque Sanfiz Arias.

Galería

Contacto

Esta peza audiovisual non pecha unha historia nin ofrece un resultado definitivo. É, máis ben, o punto de partida dun proceso aberto de recuperación, memoria e encontro deste proxecto. Se queres formar parte, achegar testemuñas ou contribuír con información e documentación, contacta connosco: