O pasado xoves 12 de outubro participamos nun encontro para a reflexión sobre a conexión do Seminario de Estudos Galegos con proxectos do presente.
Na primeira mesa de debate `Estudos galegos (e galeguistas) en 2023` dialogamos cos proxectos culturais Clara Corbelhe e A colectiva, para logo continuar cos proxectos Memoria e Cinema e Cantam808 na mesa `’Puntos cegos da arte e culturas galegas’. Tratáronse temas como a investigación e o activismo, a recepción de iniciativas culturais, a lingua e moito máis.
Estas xornadas foron celebradas no auditorio José Raído Patelas en Cuntis, e combinaron unha serie de mesas redondas abertas ao diálogo cun vermú amenizado por Filloas e DJ Misa. O evento foi organizado por Galiza Nova en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A continuación deixamos unha escolma de fotografías do acto: