Último (e agardamos que non derradeiro) capítulo do ciclo de entrevistas ‘Baixa á praza’. Xesús Leopoldo Balboa López é profesor da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta entrega falounos dos usos tradicionais dos montes galegos, da diferencia entre o uso histórico do lume e os incendios forestais, do pasado e presente dos montes en man común e moito máis.
Nesta segunda tempada, caracterizada pola súa interdisciplinariedade, convidaremos a expertas en diferentes ámbitos relacionados entre si a baixar ás prazas de Santiago de Compostela para afondar nas súas investigacións de xeito ameno.
Ciclo de entrevistas realizado co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Podes consultar todos os Baixa á praza feitos na listaxe de reprodución ou na nosa web.