Actividades


2024

Presentamos o número 14 da revista na Fundación Granell

26 de novembro de 2024, Fundación Granell

O martes 26 de novembro, presentarase o último número da revista Mazarelos, o 14, na capital galega. Será na Fundación Granell ás 18h. O evento incluirá unha presentación do número e unha conversa sobre o artista inglés Philip West na que participarán Eduardo López Valiña, conservador xefe da Fundación Eugenio Granell e comisario da exposición Philip West. El cuerpo de la máquina; Dolores Villaverde Solar, historiadora da arte, profesora da UDC e autora do artigo Philip West e a súa forma de comprender o mundo, publicado neste último número; e Brais Ferreiro Ares, historiador e editor de Mazarelos: revista de historia e cultura.

Proxección e debate: O mestre que prometeu o mar e as alumnas que soñaron

19 de xuño de 2024, Libraría Cartabón (Vigo)

Organizamos unha xornada sobre memoria histórica en colaboración co Grupo de Investigación Histagra e a Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro día proxectamos o filme O mestre que prometeu o mar (2023), dixirido por Patricia Font; e o seguinte día celebramos o debate ‘A memoria histórica nas pantallas e no teatro’, coa participación de Coral Piñeiro (cineasta e membro de Memoria e Cinema); Paula Carballeira (autora de As Alumnas, Premio Nacional de Teatro 2023) e Narciso de Gabriel (catedrático de educación da UDC e (especialista na represión do maxisterio).

Presentación Mazarelos 13 en Vigo

19 de xuño de 2024, Libraría Cartabón (Vigo)

O mércores 19 de xuño presentaremos o novo número de Mazarelos: revista de historia e cultura. Neste acto interviron Pablo Molejón-Fontán, historiador e autor do artigo ‘Historias de boleros e pobreza. Experiencias dunha moza conservadora (1946-64); Alba Casas González, integrante da Rede Galega de Estudos Queer (RGEQ) e autora do artigo ‘RGEQ. Un espazo de pesquisa sobre xénero e sexualidade na Galiza’; e Brais Ferreiro Ares, historiador e editor de Mazarelos.

Camiños do coñecemento histórico

14 de xuño de 2024, Facultadde de Xeografía e Historia (USC)

Miguel Rodríguez, editor de Mazarelos, asistiu á Xornada Anual do Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Nela participou con Conchi López, David Gesteira e Raúl Soutelo nun coloquio no que se trataron as liñas de traballo e experiencia de cada participante.

I Congrés de Joves Investigadors en Estudis Locals

18 de abril de 2024, Campus Catalunya (Tarragona)

Mazarelos foi convidado a participar no I Congrés de Joves Investigadors en Estudis Locals. Celebrarase os días 17, 18 e 19 de abril no Campus Cataluny (Tarragona), e é organizado pola Universitat Rovira i Virgili, o Institut Ramón Muntaner e a Coordinadora de Centres d’Estudi de Parla Catalana, entre outras institucións colaboradoras.

Participaremos na mesa redonda “Joves investigadors i iniciatives de transferència”, acompañados por Margalida Roig Sureda, representante do equipo editorial da revista Ab Origine; e Nieves Lorenzo-Gotor, coordinadora do proxecto El Toc de Ciència. A mesa estará moderada por Cèlia Mallafrè Balsells (Universitat Rovira i Virgili).

Presentación Mazarelos 12 en Taboada

15 de marzo de 2024, Cuartel Vello (Taboada)

Presentación do novo número de Mazarelos co gallo do artigo ‘A. C. O Carballo: orixe e metamorfose dunha iniciativa nun concello rural (1985-2023)’. Participaron Alexandre Varela Rubín, da Asociación Cultural O Carballo; David Miguel Rodríguez Martínez, editor da revista; e Manuel Diéguez Vázquez, concelleiro de Cultura de Taboada.

Esta presentación é organizada en colaboración coa Asociación Cultural O Carballo e o Concello de Taboada.

Mazarelos na VII Edición do Día dos Medios en Galego

22 de febreiro de 2024, Sala Inn Club (Coruña)

O pasado 9 de febreiro tivo lugar a VII Edición do Día dos Medios en Galego. Este ano Mazarelos estivo presente na súa planificación e organización xunto co resto do equipo da Asociación de Medios en Galego. O evento tivo lugar na sala Inn Club d’A Coruña, lugar dos concertos de Fillas de Cassandra e De Ninghures.

As entradas foron esgotadas as dúas primeiras horas do seu lanzamento, enchendo a sala de xente que escoitou a nosa lingua da man dos dous artistas. Tamén tivo á súa disposición exemplares de diferentes medios en galego para difundir entre a mocidade, así como un vídeo dando a coñecer tanto a asociación como a listaxe de medios que forman parte dela.


2023

Presentación Mazarelos 11 no Circo de Artesáns (A Coruña)

4 de novembro de 2023, Circo de Artesáns (A Coruña)

Participarán no acto Brais Ferreiro Ares, editor de Mazarelos; Arturo Real López, autor do artigo ‘De camelias, mocións e emocións. Memoria e relato da transición’; e María Xosé Bravo, co-autora do artigo ‘Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Medio século defendendo a cultura e os sinais nacionais do pobo galego’.

Esta presentación é organizada en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda

Presentación Mazarelos 11 no Couto Mixto

28 de outubro de 2023, As chaves do Couto (Meaus)

Neste evento participaron Serxio María Rodríguez Álvarez, politólogo e autor do artigo ‘Os pastos mistos. O derradeiro vestixio do Couto Misto’ publicado na revista; José Rodríguez Cruz, etnógrafo do Couto e da Raia Seca e Miguel Rodríguez Martínez, historiador e editor de Mazarelos.

Esta presentación é organizada en colaboración coa Iniciativa polo Couto Misto.

Seminario de Estudos Galegos 2.0. O Centenario do SEG en conexión coa mocidade de 2023

12 de outubro de 2023, Auditorio José Raído ‘Patelas’ (Cuntis)

Dialogamos cos proxectos culturais Clara Corbelhe e A colectiva na mesa `Estudos galegos (e galeguistas) en 2023` e asistimos ao debate cos proxectos Memoria e Cinema e Cantam808. Trataranse temas como a investigación e o activismo, a recepción de iniciativas culturais, a lingua e moito máis.

O seminario é organizado por Galiza Nova e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Congreso Galeusca-Historia. Un século de nacións galeuscanas

5 de outubro de 2023, Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia

Participamos no Centenario do Congreso Galeusca-Historia coa conferencia ‘Un século despois de Nós. Cultura e Historiografía na Revista Mazarelos’. Falamos sobre a edición cultural nos últimos 100 anos, a creación dun ecosistema mediático propio, as implicacións de imprimir en papel en pleno 2023 e outra serie de temas relacionados coa xestión cultural.

O congreso foi organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, o CISPAC, Histagra e colaborou a Deputación da Coruña.

Presentación revista Mazarelos e inauguración exposición ‘Galicia en Foco’

20 de maio de 2023, Agrupación Instrutiva de Caamouco

Co gallo do artigo publicado no último número por Daniel García Fernández, fomos presentar o número á histórica sede da Agrupación Instrutiva de Caamouco (Ares). Falamos sobre as dinámicas culturais en contextos locais, os procesos de socialización e a edición de revistas en papel.

Mazarelos na VI Edición do Día dos Medios en Galego

9 de febreiro de 2023, Sala Capitol

O pasado 9 de febreiro tivo lugar a VI Edición do Día dos Medios en Galego. Este ano Mazarelos estivo presente na súa planificación e organización xunto co resto do equipo da Asociación de Medios en Galego. O evento tivo lugar na sala Capitol de Santiago de Compostela, lugar dos concertos de Grande Amore e Ortiga.

As entradas foron esgotadas as dúas primeiras horas do seu lanzamento, enchendo a sala de xente que escoitou a nosa lingua da man dos dous artistas. Tamén tivo á súa disposición exemplares de diferentes medios en galego para difundir entre a mocidade, así como un vídeo dando a coñecer tanto a asociación como a listaxe de medios que forman parte dela.


2022

‘Museos, arte e divulgación’. Presentación e coloquio do novo número no Museo Provincial de Lugo.

27 de outubro de 2022, Museo Provincial de Lugo

O vindeiro xoves 27 de outubro ás 19:00h levarase a cabo no Museo Provincial de Lugo a
presentación e coloquio do novo número de Mazarelos: revista de historia e cultura. No evento participarán Maite Ferreiro Tallón, Vicepresidenta da Deputación de Lugo; Aurelia
Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo e Clara Reigosa Lombao, membro
do consello editorial da revista e historiadora da arte.

II Xornada de Historia: A nosa historia facémola Nós. A represión franquista

22 de outubro de 2022, IES As Fontiñas

Participamos na proxección da curtametraxe Dores coas súas autoras Laura Piñeiro, Maite Fernández e Coral Piñeiro moderando o coloquio.

Presentación do documental Loitar saben: Loiba feminino en Loiba

12 de febreiro de 2022, Centro Social de Loiba (Ortigueira)

Presentamos o segundo capítulo da serie documental Loitar saben no lugar onde foi gravado, o Centro Social de Loiba (Ortigueira). O acto tiña como obxectivo presentar o documental que foi gravado en 2021 e foi organizado conxuntamente pola asociación Nordés Faladora e Mazarelos.


2021

Proxeción e debate do documental Dores na Facultade de Historia

1 de decembro de 2021, Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela

Organizamos unha proxección dacurtametraxe documental Dores. Ao remate realizzouse un debate coa directora da curta Coral Piñeiro e o catedrático de Historia Contemporánea e membro de HISPONA Xosé Manoel Núñez Seixas. Aldara Cidrás Fuentes, investigadora da USC e do grupo HISTAGRA, finalmente non puido acudir.

Presentación da Mazarelos 6 na Fundación Vicente Risco de Allariz

30 de novembro de 2021, Fundación Vicente Risco, Allariz

Presentamos o número 6 na Fundación Vicente Risco de Allariz. No acto participaron Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación; Susana Reboreda Morillo, decana da Facultade de Historia da Universidade de Vigo; Miguel Rodríguez Martínez, editor de Mazarelos e Iria-Friné Rivera Vázquez, patroa da Fundación Vicente Risco e colaboradora de Mazarelos.

Stand de Mazarelos no Culturgal 2021

27-28 de novembro de 2021, Pazo da Cultura, Pontevedra

Durante a fin de semana do 27 e 28 de novembro estivemos no Pazo da Cuiltura de Pontevedra a Feira de Industrias Culturais CULTURGAL. Alí tivemos á venda todos os números da revista Mazarelos, boletíns de subscrición e agasallos para todas!

A nosa historia facémola nós. Xornadas formativas da CIG-Ensino

27 de novembro de 2021, IES As Fontiñas, Santiago de Compostela

Participamos como ponentes nas I Xornadas de Historia. A nosa Historia facémola nós. Tratouse dunha actividade de formación permanente do profesorado de carácter interdisciplinar, homologada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Tivo lugar no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela o día 27 de novembro.

Presentación da exposición do centenario de Luis Ferreiro Peinó

3 de novembro de 2021, O Vello Cárcere, Lugo

Participamos na presentación da exposición polo centenario do artista lugués Luis Ferreiro Peinó, persoeiro da revista Mazarelos 5. As obras de Luis Ferreiro Peinó reuníronse no Vello Cárcere de Lugo. As esculturas do artista permaneceron amosadas no 1º andar ao longo de nove das antigas celas de mulleres. A gran maioría da mostra está conformada polas súas mellores esculturas, mais tamén se poderán coñecer aspectos biográficos e obras realizadas con técnicas e materiais diferentes á escultura e a madeira.

Mazarelos na Troula da Verba

Agosto 2021, Cabanas

O vindeiro 1 de agosto ás 19h estaremos no paseo da praia de Cabanas participando na Troula da Verba. Nesta actividade Roque Sanfiz e Marcos Filgueiras presentarán o último número da revista, así como Uxía Sánchez e Paula Antía Rey o primeiro número do Domingo das Mozas. Ademais, presentaranse dous libros: Namoradeiras entre a pel, por Tania Yáñez e santoamaro por Antonio M. Fraga. Finalmente haberá un recital de poesía no que Marcos, Tania, Uxía, Paula e Lúa Vila participarán e unha intervención musical da man de Hilda Rock (Irene Martín) e Diego Rodríguez.

Roteiro polo día das Mapoulas Libertarias

10 de xullo de 2021, barrio das Atochas, A Coruña

O sábado 10 de xullo participamos no roteiro das Mapoulas Libertaria polo barrio das Atochas (A Coruña). Neste evento colaboran A Coruña das Mulleres, CNT Galiza, Pandereiteiras de Fiandón, Laboratorio Escénico e organiza Refuxios da Memoria.

Presentación Casa dos Espellos e Mazarelos 5 en Betanzos

8 de xullo de 2021, Salón Azul do Liceo, Betanzos

O xoves día 8 de xullo presentamos conxuntamente Casa dos Espellos 4 e Mazarelos 5 No salón Azul do Liceo de Betanzos. Nesta actividade intervirán Roque Sanfiz Arias por parte de Mazarelos; e por parte de Casa dos Espellos Adrián Feijoo e Ángel Arcay, xunto co resto de colaboradores da revista.

Novos Medios Galegos. A especialización importa

15 de xuño de 2021, Online

Participamos nun debate organizado polo Consello da Cultura Galega no que se reflexionou sobre a aparición e creación de medios especializados, orientados a eidos e públicos concretos en Galicia.

Novas Artistas Galegas: conversa con Lidia Cao, Verto e Tamara Andrés

24 de marzo de 2021, Online

O mércores 24 de marzo de 2021 presentamos en directo con Tamara Andrés, Berto e Lidia Cao o cuarto número da Revista Mazarelos. Aproveitamos a presencia das invitadas para falar sobre a situación das novas artistas galegas e o seu papel coma “voz dun tempo”.


2020

Debate “Museos, estratexia dixital e divulgación” e presentación de Mazarelos 3

2 de decembro de 2020, Online

Para presentar ao público o terceiro número de Mazarelos organizamos un debate sobre museos, estratexia dixital e divulgación participaron Clara Reigosa (Colaboradora de Mazarelos e investigadora en museística), Xosé Poldras (artista e autor da portada) e Miguel Cajigal (divulgador cultural, @elbarroquista). O acto pode verse aquí.

Conferencia “O recrutamento dos soldados de Franco” e presentación de Mazarelos 2

22 de xullo de 2020, Fundaçom Artábria, Ferrol

Na presentación do segundo número de Mazarelos contamos coa presenza de Francisco J. Leira Castiñeira, autor do libro Soldados de Franco. Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar, que impartiu a conferencia “O recrutamento dos soldados de Franco”.

Presentación do segundo número de Mazarelos en Santiago

25 de xuño de 2020, Libraría Couceiro, Santiago de Compostela

Para este acto organizamos un pequeno debate sobre divulgación cultural e xornalismo con Manuel Gago (escritor e responsable de www.culturagalega.gal), Valeria Pereiras (Revista Luzes) e Andrea Rivas (autora da portada do número 2).

Debate A Historia e as Ciencias sociais ante a COVID-19

1 de xuño de 2020, online

Tras uns meses de confinamento estricto e un período da chamada “desescalada”, dende Mazarelos coidamos que era preciso reflexionar sobre o papel que a Historia e as Ciencias Sociais xogaran ante ese momento, sobre a situación pandémica na docencia e na educación e de cara o futuro da daquela denominada “nova normalidade”. Participaron Alba Díaz Geada (Profesora de Antropoloxía na USC), Lourenzo Fernández Prieto (profesor da Facultade de Historia da USC), Emilio Grandío Seoane (profesor da Facultade de Historia da USC), Antía Pérez Caramés (profesora de Socioloxía na UDC) e Raúl Soutelo Vázquez (Profesor de instituto de secundaria e de didáctica das CCSS na USC).

Presentación do primeiro número de Mazarelos na Coruña

5 de marzo de 2020, Asociación Cultural Alexandre Bóveda, A Coruña

Días antes do confinamento pola COVID-19 organizamos en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) un acto de presentación da revista na Coruña. Nel interviron Lucía Veciño (Mazarelos), Xurxo Couto (Deputación da Coruña), José Miguel Andrade Cernadas (Profesor da Facultade de Historia da USC) e Emilio Grandío (Profesor da Facultadod e Historia da USC).

Presentación do primeiro número de Mazarelos no Museo Etnolóxico de Ribadavia

15 de febreiro de 2020, Museo Etnolóxico, Ribadavia

Organizamos unha presentación da revista na Museo Etnolóxico de Ribadavia na que interviron Mateo Martínez Torres (Mazarelos), Lucas Sánchez Taboada (Colaborador de Mazarelos), Antonio Míguez Amil (técnico da Oficina municipal de Turismo de Ribadavia) e Xosé Ramón Pousa (decano da Facultade de Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela).

Presentación do primeiro número de Mazarelos en Ferrol

6 de febreiro de 2020, Fundaçom Artábria, Ferrol

Organizamos xunto coa Fundaçom Artábria de Ferrol a presentación do primeiro número de Mazarelos: revista de Historia e Cultura. No acto interviron Roque Sanfiz Arias (Mazarelos), José Carlos García Vega (Colaborador de Mazarelos) e Eliseo Fernández (Historiador).

Presentación do primeiro número de Mazarelos en Santiago

16 de xaneiro de 2020, Facultade de Filosofía, Santiago de Compostela

O 16 de xaneiro de 2020 organizamos a presentación do primeiro número de Mazarelos: Revista de Historia e Cultura na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Este acto foi a presentación pública da Revista Mazarelos tras conseguir acadar o financiamento necesario no crowdfunding do que participaron máis de 100 persoas.