O mestre que prometeu o mar e as alumnas que soñaron

O mércores 18 ás 19h na aula 12 vaise proxectar de balde ‘El maestro que prometió el mar’ (Patricia Font, 2023). Este filme, que contou con 5 nominacións aos premios Goya, relata a historia real do mestre tarraconense Antoni Beneiges, fusilado na provincia de Burgos en 1936. Chegamos ata el a través do avó de Ariadna, un antigo alumno do dito mestre.

O día seguinte (tamén ás 19h na aula 12) terá lugar un coloquio para comentar a película e repensar como divulgar a memoria histórica. Nel participarán Paula Carballeira (autora do libro ‘As alumnas’, premiado co Premio Nacional de Teatro 2023), Narciso de Gabriel (especialista na represión do maxisterio) e Coral Piñeiro (cineasta e membro de asociación Memoria e Cinema). Moderará o debate Roque Sanfiz (Grupo Histagra-USC), o cal será aberto a calquera persoa que queira participar.

Esta actividade está organizada pola Facultade de Xeografía e Historia, no marco das Axudas destinadas ao desenvolvemento de actividades culturais e académicas na Facultade de Xeografía e Historia no exercicio 2024, e nela colaboran a cooperativa Mazarelos, o grupo de investigación HISTAGRA e a asociación Memoria e Cinema.

Máis artigos

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade