Nesta cuarta entrega achegámonos ao Parque Begoña Caamaño co profesor titular de Xeografía e investigador da Universidade de Santiago de Compostela Valerià Paül Carril. Conversamos sobre o papel no ensino da Xeografía, os parques naturais, as formas de organización territorial e outros asuntos que traballa esta disciplina, todo enfocado a comprender o mundo no que vivimos.
Este verán regresa o ciclo de entrevistas ‘Baixa á praza’. Neste tempada, caracterizada pola súa interdisciplinariedade, convidaremos a expertas en diferentes ámbitos relacionados entre si a baixar ás prazas de Santiago de Compostela para afondar nas súas investigacións de xeito ameno.
Ciclo de entrevistas realizado co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Podes consultar todos os Baixa á praza feitos na listaxe de reprodución ou na nosa web.