90 anos do monumento ao camiñante descoñecido

Autores: Roque Sanfiz Arias e Henrique Sanfiz Raposo

Ano: 2024

Páxinas: 24

ISBN: 978-84-09-63541-2 

Editan: Mazarelos Sociedade Cooperativa Galega e Sonradiofusión

Corrección lingüística: Anxos García Fonte

Colaboran: Sociedade Deportiva Barallobre, Liga de Amigos de Barallobre e Radio Fene

En 2024 celébranse 90 anos da inauguración do Monumento ao Camiñante Descoñecido en Barallobre. Esta iniciativa ten un valor singular polas súas características e a homenaxe a quen pasa. Tamén ten valor polo común, por inscribir Barallobre no contexto Galego e Europeo. Os anos 30 foron un momento de efervescencia social, política, educativa, cultural e mesmo deportiva e iso refléxase na grande confluencia de entidades e persoas que participaron na conformación da idea e da materialización deste monumento.

Nesta pequena publicación queremos render homenaxe especial ás persoas e institucións que nos precederon e que o fixeron posible. Facemos homenaxe ao monumento cunha breve historia da súa conformación e cambios. Tamén queremos rescatar a memoria de Manuel de Pedre, mestre de Barallobre durante varios anos e parte da Comisión Pro Monumento. Por último, queremos homenaxear ás entidades que xa estaban daquela e ás que seguen hoxe e seguirán mañá como son a Liga de Amigos e a SD Barallobre.

Para a elaboración desta publicación colaboraron a Sociedade Deportiva Barallobre, Liga de Amigos de Barallobre e Radio Fene. Tamén agradecer ao Grupo de Investigación HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela e ao Concello de Fene.

Podes descargar a versión PDF da publicación de forma gratuita. Se queres conseguir a edición en papel, escríbenos a cooperativa@mazarelos.gal