Mazarelos: revista de historia e cultura

É unha publicación en formato físico de divulgación histórica e cultural. Queremos levar ás librarías galegas temáticas e abordaxes diferentes, que ofrezan respostas pero, sobre todo, que formulen novas preguntas e inviten á reflexión. Cada número está composto por artigos, entrevistas, reportaxes e recensións variadas.

O primeiro número publicouse en xaneiro de 2020, conta con 15 números e está indexada en DIALNET, REBIUN e MIAR. 

Contidos

Entrevistas

“Hoxe con medio gramo de óso podes facer unha datación”. Entrevista a Patxi Pérez-Ramallo, investigador de Teodomiro

Di a lenda que entre os anos 820 e 830 d.C. un ermitán chamado Paio viu unha choiva de estrelas que descendía sobre un campo. Ao achegarse descubriu un antigo mausoleo e non dubidou en informar rapidamente ao bispo Teodomiro de Iria Flavia (actual Padrón). Tras tres días de meditación e xaxún, o bispo tivo unha revelación: estaba ante os restos do Apóstolo Santiago e dous dos seus discípulos. Comunicoullo rapidamente ao rei Afonso II, e este mandou construír unha pequena igrexa ao redor da tumba. Nacía así o fenómeno xacobeo que, con moitas diferenzas, chega ata a actualidade. A revista británica Antiquity publicou onte un estudo con acento galego. Traducido, leva por título Desvelar o bispo Teodomiro de Iria Flavia? Un intento de identificar o descubridor da tumba de Santiago mediante análises osteolóxicas e biomoleculares. Está asinado por nove persoas, dúas das cales son galegas: Ricardo Rodríguez-Varela e o investigador principal do proxecto, Patxi Pérez-Ramallo (Santiago de Compostela, 1988). El é bioarqueólogo e actualmente investigador posdoutoral na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Noruega (NTNU). Alí xa comezou o curso

publicidade

Primeira tempada

Xénero, memoria ou gastronomía foron algunhas das temáticas xurdidas nestas conversas, culminando todas cunha pregunta común sobre como divulgar mellor a historia.

As convidadas desta tempada foron Ofelia Rey Castelao, Xose Manoel Núñez Seixas, Daniela Ferrández Pérez, Xavier Castro Pérez, Aldara Cidrás Fuentes e Daniel Lanero Táboas

Segunda tempada

Nesta nova tempada traemos outros enfoques e disciplinas como a xeografía, a literatura e os arquivos nas tres primeiras entrevistas. 

A chegada desta nova entrega de seis episodios vén protagonizada pola escritora Susana Sánchez Arins para falar sobre literatura, memoria histórica e espazos de memoria; Ángel Arcay Barral sobre arquivos e historia local e Mar Llinares en canto a presenza da Prehistoria no xornalismo, no ensino e na divulgación.

 

Fisterra

O primeiro capítulo lévanos á casa de varias veciñas de Fisterra. Rachando a ligazón do traballo doméstico co eido privado, contarannos un día a día nas súas vidas.

Loiba feminino

O segundo capítulo centrarase na experiencia vivida por un grupo de mulleres de Loiba (Ortigueira) a través da creación do Unión Deportiva Loiba Feminino no ano 1989.

Actividades

Publicidade

Queres apoiar o proxecto de Mazarelos? Colabora, subscríbete, contribúe, escribe un texto, contacta connosco!

 

cooperativa@mazarelos.gal