Chegou a Mazarelos 8!

O número arranca no estudio de Antonio Murado, entre tubos e botes de pintura. Segue cunha reflexión sobre os irmandiños, e tamén coa relixiosidade popular e o clero en Galicia. Preséntasenos a Atenea como a primeira imaxe do Museo Provincial de Lugo e mesmo chegamos á presenza de Galicia en Xapón no eido musical. Todo pechado cunha conversa entre Arantza Portabales e Diego Giráldez: a inspiración, as implicacións de publicar unha obra ou a transición do papel ao dixital. Pecha Espazo Brétema co propósito de crear unha rede de artistas galegas. E todo encabezado por Iria Ribadomar coa lámina “Jaliñeiro de Elena”.

Faite con ela na nosa tenda en liña

Antonio Murado: un artista do século XX – Clara Reigosa Lombao
Unha reportaxe a Antonio Murado no seu estudo en Nova Jersey. O mercado da arte, os museos, o traballo de artista, a inspiración e moito máis nunha profunda reflexión do artista lucense.

Revolución, revolta ou rebelión irmandiña? Hipótese sobre a terminoloxía e metas deste fenómeno xusticieiro – Roberto Fernández Gondar
Un proceso ben coñecido por todos, pero que difire nas formas de referirse a el. Roberto reflexiona sobre este acontecemento sobre a forma de referirse ao mesmo. Revolución? Revolta? Rebelión? Que é o máis adecuado?

No ollo do bispo está o pecado. A relixiosidade popular e o clero na Galicia dos tempos da reforma – Mario Sixto Puente
Mario apunta a preocupación coa que se observaba a extensión do pecado polo territorio galego neste tempo. Figuras como a do bispo Frei Antonio de Guevara, o papel dos frades e dos leigos e moito máis para comprender a Reforma en Galicia.

A deusa Atenea. Primeira imaxe do Museo Provincial de Lugo –  Aurelia Balseiro García
Cal foi a imaxe inicial seleccionada para o Museo de Lugo en 1932? A deidora da sabedoría, das artes e da artesanía, protagonista do artigo de Aurelia.

Galicia en Xapón. Foglio I: música para clavicémbalo do século XX –  Roberto Oliveira-Ogando
A conexión entre o compositor galego Enrique X. Macías e a artista Michiyo Honma, resoltas neste texto. Roberto achéganos as interpretacións sobre o Foglio I como exemplo dunha composición de autoría galega no territorio asiático.

“Criámonos sobre o branco e negro do papel” Conversa con Arantza Portabales e Diego Giráldez –  Lucas Sánchez Taboada e Miguel Rodríguez Martínez 
Nunha calorosa tarde pontevedresa, Arantza e Diego conversan sobre o que sinten cando ve a luz algo tan persoal como é unha novela. Sobre a súa forma de comezar unha obra, todo o que rodea a súa publicación, os clubes de lectura, a profesionalización do sector e moito máis nesta entretida e reveladora parola.

Espazo Brétema: arte e cultura. Unha asociación para a catalogación da arte galega – Equipo de Espazo Brétema
O nacemento dunha asociación para establecer unha rede de contacto entre artistas galegas. As súas fundadoras coméntannos os seus obxectivos, de onde vén e cara onde vai esta iniciativa.

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade