Historia, roteiros e concertos no Día dos Medios en Galego

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebra o XI aniversario do Día dos Medios en Galego. Este día 7 de febreiro coincide coa saída da primeira publicación monolingüe en galego O Tío Marcos da Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876.

Nesta nova edición, AMEGA presenta un programa composto por varias actividades e celebracións relacionadas coa nosa lingua. A asociación organiza ao longo do mes de febreiro un conxunto de roteiros xornalísticos por varias vilas do país. Neles visitaranse lugares emblemáticos relacionados coa historia e a actualidade dos medios en galego, acompañados  por expertos na temática e amenizado por bandas musicais. As localizacións confirmadas son A Estrada (3 de febreiro), Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal (17 de febreiro), e A Coruña (24 de febreiro).

Por outra banda, AMEGA repite na organización dun evento musical para reivindicar o uso da lingua. Nesta ocasión as protagonistas serán Fillas de Cassandra e De Ninghures, e os concertos celebraranse o vindeiro xoves 22 de febreiro na Sala Inn Club de A Coruña a partir das 21h. Xa podes conseguir as entradas a través de entradium.com

Por último, neste mes de febreiro publicará a ‘Guía Didáctica: Coñecendo os medios en galego’ orientado para o Ensino Secundario Obligatorio e Bacharelato en aberto na súa web.

Máis artigos

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade