Vémonos este sábado no Circo de Artesáns presentando o novo número de Mazarelos en colaboración coa Alexandre Boveda
Participarán no acto Brais Ferreiro Ares, editor de Mazarelos; Arturo Real López, autor do artigo ‘De camelias, mocións e emocións. Memoria e relato da transición’; e María Xosé Bravo, co-autora do artigo ‘Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Medio século defendendo a cultura e os sinais nacionais do pobo galego’.
Na presentación haberá revistas dispoñibles do número actual en papel e anteriores de Mazarelos.
Sábado 4 de novembro, 18.30h
Circo de Artesáns (A Coruña)