Picture of Martín Graña Pérez

Martín Graña Pérez

Ribadeo, 1996. Son graduado en Historia pola Universidade de Santiago de
Compostela cunha estancia dun curso na Universitat Autònoma de Barcelona. Actualmente estou cursando o grao de Dereito na Universidad Nacional de Educación a Distancia. Os meus campos de estudo céntranse na historia de Ribadeo e a súa área desde o século XVII ata a actualidade e as dinámicas e historia económica occidental desde a conformación do capitalismo mercantil.

Fibra óptica: paradigma de modernidade

Un venres de Marzo volvín a casa e notei a miña nai alterada, inqueda. Na aldea había unha azueria. A comezos desa semana aparecera nun cruce de camiños unha morea de postes de madeira perfectamente aliñados. As apostas eran variadas, había algunha proposta bastante estrambótica, pero a maioría coincidían nun mesmo punto: a fibra. A fibra para o rural é ou era na maioría dos casos unha especie de animal mitolóxico, de anhelo de futuro. A fibra é o lobishome ou o tren do século XXI.

Sigue lendo