O mapa de Galicia de Lloréns. Do pavillón de Galicia da Exposición Iberoamericana á Facultade de Xeografía e Historia da USC
En 1929 tivo lugar en Sevilla a Exposición Iberoamericana (EIA) donde as catro deputacións galegas patrocinaron e xestionaron a construción do pavillón de Galicia. Este proxecto foi organizado pola Ditadura de Primo de Rivera, con claros fins propagandísticos do réxime, a través dun escaparate que amosara a diversidade do territorio español, o seu potencial e, por suposto, a unidade nacional, no conxunto internacional participante.