A deputación provincial de Ourense de 1822: unha ollada biográfica aos seus deputados
Como foi a vida política dos primeiros deputados provinciais de Ourense? A aparición de novas fontes permítenos coñecer estas figuras.
Como foi a vida política dos primeiros deputados provinciais de Ourense? A aparición de novas fontes permítenos coñecer estas figuras.
O 26 de maio de 1822, no marco do Trienio Liberal (1820-1823) fernandino, constituíuse a primeira Deputación Provincial de Ourense e, desde a sé catedralicia, o seu presidente, Pedro Boado Sánchez, proclamou un amplo discurso a prol do réxime constitucional, das obrigas dos novos deputados e dos beneficios que traería a nova división provincial ás poboacións e terras ourensás. A figura de Pedro Boado, chea de máis sombras ca luces por mor dunha vida marcada pola inestabilidade na Galicia do longo tránsito do Antigo Réxime ao liberalismo, amosou unhas características que ían máis aló da súa oratoria. Letrado, literato e político, este é un pequeno achegamento a súa vida.
Mazarelos
Sociedade Cooperativa Xuvenil sen ánimo de lucro
cooperativa@mazarelos.gal
mazarelos.gal:
ISSN 2792-2561
Mazarelos: revista de Historia e cultura
ISSN: 2695-6276