
Como expoñer a memoria? Visitando o Museu do Aljube
Pola prisão do Aljube passaram milhares de presos políticos entre 1928 e 1965. O museo do Aljube sitúase no predio que funcionou como cárcere antes

Pola prisão do Aljube passaram milhares de presos políticos entre 1928 e 1965. O museo do Aljube sitúase no predio que funcionou como cárcere antes

O 26 de maio de 1822, no marco do Trienio Liberal (1820-1823) fernandino, constituíuse a primeira Deputación Provincial de Ourense e, desde a sé catedralicia, o seu presidente, Pedro Boado Sánchez, proclamou un amplo discurso a prol do réxime constitucional, das obrigas dos novos deputados e dos beneficios que traería a nova división provincial ás poboacións e terras ourensás. A figura de Pedro Boado, chea de máis sombras ca luces por mor dunha vida marcada pola inestabilidade na Galicia do longo tránsito do Antigo Réxime ao liberalismo, amosou unhas características que ían máis aló da súa oratoria. Letrado, literato e político, este é un pequeno achegamento a súa vida.

A idea de meritocracia atribúese a Michael Young, un sociólogo británico que formulou esta idea por primeira vez no seu libro “O ascenso da meritocracia”.

Neste artigo, analizarei dous dos argumentos máis importantes para rexeitar o especismo, é dicir, a idea de que só debemos considerar moralmente a aqueles individuos que pertencen á especie homo sapiens: o Argumento da Relevancia e o Argumento da Superposición de Especies. Para realizar esta análise, o artigo estará estruturado do seguinte modo: a primeira sección expoñerá brevemente os argumentos ofrecidos para defender o especismo. A segunda sección analizará o Argumento da Relevancia. A terceira sección examinará o Argumento da Superposición de Especies. A cuarta sección concluirá.

Demetrio Bilbatúa naceu en Vigo no ano 1935 no seo dunha familia declarada socialista. O seu pai, Demetrio Bilbatúa Zubeldia, era mestre e presidente do Partido Socialista de Vigo. Ademais, o seu tío Antonio era deputado socialista en Pontevedra e vicepresidente da Agrupación Socialista Local. Tan só un mes despois do inicio do conflito, Demetrio e Antonio foron capturados e xulgados por delito de traizón. A súa execución foi perpretada no cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936. A familia quedara sinalada como una ameaza, e tan só quince días despois do fusilamento o outro irmán, Luis, foi executado por un grupo de falanxistas no Cabral o 15 de setembro.

Viamos nun anterior artigo as orixes do republicanismo na Antiguidade e o seu desenvolvemento por parte dos filósofos e historiadores modernos. Agora ben, o estudo

O rural galego do primeiro terzo do século XX caracterizouse pola chegada de ideoloxías e modos de vida que, daquela, poderían ser consideradas urbanas. Estas influencias foron monopolizadas por unhas elites liberais emerxentes que procuraban desprazar ao poder tradicional practicando un discurso rexeneracionista. Esta dinámica está presente na expansión de elementos orixinarios das cidades no mundo rural: tanto as ideoloxías proletarias (socialismo, anarquismo) como novas dinámicas asociativas vinculadas ao foot-ball.

Este artigo foi publicado orixinalmente no blogue Hasta arriba de series, xestionado polo propio autor quen nos permitiu a súa reprodución. No medio da década

Francamente, existe un país con tal homoxeneidade?A imaxe de Romanía no exterior viuse damnificada ao longo do tempo por prexuízos que alimentan a discriminación, unha

Sayyida al- Hurra é unha das personaxes máis descoñecidas e ao mesmo tempo relevantes na historia do norte do continente africano. O seu goberno estivo influenciado polos fluxos comerciais que comunicaban o mar Mediterráneo e o océano Atlántico tránsito de mercancías a finais do século XV. A súa carreira política mestúrase con toques de misticismo que a enarboran como unha xefa pirata. Iso fixo que para os poucos historiadores e autores que a estudaron e recolleron o seu legado, coma a escritora marroquí Fátima Merssini na súa obra As Sultanas olivadas, calificáraan como “líder indiscutible dos piratas no Mediterráneo Occidental”[1]. A piratería sería unha práctica estendida nesta época na nova contextura de transición da Idade Media á Idade Moderna, en especial no tocante ao ámbito económico.

Identificar esta etapa histórica con algo nefasto, negativo ou sombrío, como ten acontecido durante a pandemia, non se corresponde coa herdanza que recibimos dela. O

No centenario da revista Nós, Galaxia publicou a colección Biblioteca Nós con textos dos principais autores desta xeración. Entre elas atópase o Diario 1921, unha
Mazarelos
Sociedade Cooperativa Xuvenil sen ánimo de lucro
cooperativa@mazarelos.gal
mazarelos.gal:
ISSN 2792-2561
Mazarelos: revista de Historia e cultura
ISSN: 2695-6276