Tras uns meses de confinamento estricto e un período da chamada “desescalada”, dende Mazarelos coidamos que era preciso reflexionar sobre o papel que a Historia e as Ciencias Sociais xogaran ante ese momento, sobre a situación pandémica na docencia e na educación e de cara o futuro da daquela denominada “nova normalidade”. Para falar sobre estas cuestións puxémonos en contacto con expertos en distintas disciplinas, para engadir distintas experiencias e perspectivas á mesa. Participaron Alba Díaz Geada (Profesora de Antropoloxía na USC), Lourenzo Fernández Prieto (profesor da Facultade de Historia da USC), Emilio Grandío Seoane (profesor da Facultade de Historia da USC), Antía Pérez Caramés (profesora de Socioloxía na UDC) e Raúl Soutelo Vázquez (Profesor de instituto de secundaria e de didáctica das CCSS na USC).
Por mor das estrictas medidas de prevención socio-sanitaria o evendo decorreu en directo a través da rede o luns 1 de xuño de 2020. Podedes velo íntegro na nosa canle de YouTube: