O mércores día 1 de decembro de 2021 a revista de historia e cultura Mazarelos organizou unha proxección dacurtametraxe documental Dores. Ao remate realizzouse un debate coa directora da curta Coral Piñeiro e o catedrático de Historia Contemporánea e membro de HISPONA Xosé Manoel Núñez Seixas. Aldara Cidrás Fuentes, investigadora da USC e do grupo HISTAGRA, finalmente non puido acudir.
Dores é un proxecto de catro recén graduadas en Comunicación Audiovisual. É un intento por traer á actualidade a realidade dos campos de concentración que existiron en Galiza durante a guerra civil. A súa proposta tivo gran acollida durante o tempo que se puido ver en Filmin na selección do festival Docs de Barcelona. Tamén estivo presente no prestixioso Festival de Cans e obtivo o premio ao mellor documental no festival Curtas: Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa e o premio do público no Ourense Film Festival.
Xosé Manoel Núñez Seixas e Aldara Cidrás veñen de participar no noso ciclo de entrevistas Baixa á Praza sobre a recuperación deste tipo de lugares de memoria, os proxectos de divulgación precisos para levar a cabo neles e as posibilidades do audiovisual para a divulgación histórica. Na actividade conversarán coa directora de Dores Coral Piñeiro sobre estas cuestións e todas aquelas que xurdan do público.
Podedes ver o trailer: