Presentación do segundo número de Mazarelos en Santiago

O 25 de xuño de 2020 organizamos na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela unha presentación do segundo número de Mazarelos: revista de Historia e Cultura. Para este acto organizamos un pequeno debate sobre divulgación cultural e xornalismo con Manuel Gago (escritor e responsable de www.culturagalega.gal), Valeria Pereiras (Revista Luzes) e Andrea Rivas (autora da portada do número 2).