O 16 de xaneiro de 2020 organizamos a presentación do primeiro número de Mazarelos: Revista de Historia e Cultura na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Este acto foi a presentación pública da Revista Mazarelos tras conseguir acadar o financiamento necesario no crowdfunding do que participaron máis de 100 persoas. No acto interviron Miguel Rodríguez Martínez (Mazarelos), Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística), Ana Suárez Piñeiro (profesora da Facultade de Historia e directora da revista Sémata) e Lourenzo Fernández Prieto (profesor da Facultade de Historia da USC).
Nair M. García fixo unha crónica desta presentación que podedes ler aquí.