Participamos nun debate organizado polo Consello da Cultura Galega no que se reflexionou sobre a aparición e creación de medios especializados, orientados a eidos e públicos concretos en Galicia. Pódese consultar o programa completo na web do Consello da Cultura. O debate consistiu nunha mesa redonda na que participaron:
- Carlos Pereiro, xornalista e director da revista Morcego, amais de membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello de Cultura Galega
- Guillermo Rodicio, por A que cheira papá?
- Rebeca Munín, pola Revista Pincha
- Roque Sanfiz, por Mazarelos
- María Yáñez, por Vinte
- Raquel C. Pico, por Disquecool
O debate pódese ver en diferido en YouTube: