O sábado 12 de febreiro de 2022 presentamos o segundo capítulo da serie documental Loitar saben no lugar onde foi gravado, o Centro Social de Loiba (Ortigueira). O acto, organizado conxuntamente pola asociación Nordés e Mazarelos tiña como obxectivo presentar o documental que foi gravado en 2021. En primeiro lugar interviron a presidenta da Asociación Nordés Maribel Lorenzo Serantes e por parte de Mazarelos un dos autores do documental, Roque Sanfiz Arias.
A estas intervencións seguinas a proxección do propio documental, que rematou coa entrega dunha copia do documental a cada unha das participantes. Para concluir o acto tivemos a sorte de ter como convidados ao presidente e coordinadora do clube de fútbol feminino PM Friol, un exemplo de como chegar á elite do fútbol feminino nun entorno rural.
Como sorpresa final, contamos co saúdo de diferentes protagonistas do fútbol feminino de hoxe ás pioneiras de Loiba. A través duns videos estiveron presentes as xogadoras do CD As Pontes Feminino; Patricia López, xogadora do Depor Abanca e a equipa completa do Pescados Rubén Burela FS.
O documental completo pode verse en aberto na canle de YouTube de Mazarelos.