David Miguel Rodríguez Martínez
“Te doy caza. Te persigo. Corro tras de ti para ahuyentarte de aquí. No te soltaré. Y el fantasma no suelta a su presa, es decir, a su cazador. Ha comprendido al momento que no se le da caza más que para ahuyentarlo. Círculo especular, se da caza para ahuyentar, se hostiga, se persigue a alguien para hacerle huir, pero se le hace huir, se le aleja, se le expulsa para ir de nuevo en su búsqueda y para seguir persiguiéndole”.
Cada sociedade é vitima do seu propio contexto, o cal modifica a súa estrutura a medida que os anos pasan, arrastrando novos elementos que ter en conta para a comprensión do presente. Aquí presentamos un século XX que fixo tremer as bases do pensamento occidental, no que o individuo comprendeu unha serie de valores por medio da experiencia na búsqueda dunha obxectividade. Esta última leva ao individuo a comprender que cada elemento é de por si subxectivo por vivir nunha realidade única, intransferible e singular. E entre todas estas novas formas de evolucionar no devir do propio pensamento, unha lonxeva Guerra Fría dividiu o planeta nun plantexamento dicotómico ideolóxico. Velaí aparece un autor arxelino que, alleo ás correntes e influencias das posicións dominantes, lembrounos que a Historia non sempre está escrita polos vencedores. Jacques Derrida elaborou unha complexísima e controvertida obra no que presentou un novo concepto: o espectro. Desta forma, e trala desgrazada morte do seu amigo Althusser, Jacques Derrida aventurará o seu tempo á redacción da obra que neste breve artigo presentaremos: “Espectros de Marx. O estado de deuda, o traballo do duelo e a nova Internacional”, rachando co imperante discurso neolbieral que trataba de impórse ca fin de soterrar un marxismo aínda vivo pese á derrota.
A obra consta de cínco capítulos que, grosso modo, fican a estrutura dun embudo invertido. Comézase cunha proposta espectral que parece que vaia desenvolver até a súa solución, mais que irá ampliando exponencialmente a forma e o contido -dende a crítica do contexto da desigualdade socioeconómica até tambalear os cimentos daqueles sistemas considerados vitoriosos coma o neoliberalismo-, formulando máis paradigmas que respostas. Se os antimarxistas ou aqueles que optaran por unha terceira vía crían que a morte de Althusser significaría a caída dun dos derradeiros soportes do marximo, Derrida inciaría unha conversa cun espectro que nunca abandonara a súa posición.
Este espectro é presentado coma un ente que permanece activo no pasado, no presente e seguirá no futuro, todo de forma transversal e simultánea. Estamos a falar dunha proposta conceptual que Jacques Derrida prepara nesta obra baixo toda unha semántica fantasmagórica respaldada por unha teatralización ficticia de Hamlet ca fin de establecer a lectura de máis dun discurso en Marx. Pero, por que esta nomenclatura? Derrida non está a crear un novo concepto saído da nada, senón que precisamente exemplifica a mala lectura que se lle fixo a Marx, obtendo o propio da referencia que o mencionado e Friedrich Engels mencionaron á hora de falar dunha “pantasma que se cierne sobre Europa: o espectro do comunismo”. Seguindo as palabras do propio Derida, “o espectro convírtese nunha cousa difícil de nomear: nin alma, nin corpa, unha e outro”.
Con isto entendemos que a tarefa do autor carece dun fundamento resolutivo, non trata de propór o concepto espectral co obxectivo de fortalecer un posicionamento a favor, en contra ou por unha terceira vía en canto ao pensamento marxista. O que fai, sempre positivo no campo da filosofía, é xerar aínda máis derroteiros que seguir, diferentes interpretacións para cuestionar novas fórmulas argumentativas sobre as tan inoportunas xeralizacións que tratan de salientar nos discursos das ciencias sociais. Así, no momento no que o liberalismo cantaba vitoria trala caída do muro e trataba de enterrar ao debilitado marxismo, Jacques Derrida presentou unha realidade innegable: o temor do neoliberalismo polo marxismo. Este receo xera unha contradición ca existencia do mesmo formato do neoliberalismo, polo que o marxismo sempre existirá mentras permaneza no ADN do neoliberalismo, polo que a existencia dun implica a aparición -aínda que sexa pantasmal- do contrario. Trátase dunha constante disputa, un xogo do gato e do rato no que ambos suxeitos cambian os seus papeis segundo o momento da narración.
Trátase dunha nada que toma corpo, unha representación dunha cacería na que debemos ser os ollos do controvertido pensador arxelino para chegar a unha proposta binaria. Dar medo ou darse medo, ser cazador ou ser cazado. O fortalecemento marxista ou a súa completa debilidade? Tal parece que, tratando o contexto do pasado século e o desenvolvemento e evolución das diferentes correntes antonómicas atopamos explicacións e novas preguntas, camiños sen fin e sen saída que continúan tras saltar algún obstáculo intelectual que auxiliou Derrida cunha nova pregunta, acaso hai un só Marx? Acaso non está o Marx que escribiu as preguntas do seu tempo, así coma no que se apoian tantos para levar a cabo outra causa? Trátase dunha conversación polo tanto ca pantasma de Marx, o espectro do marxismo e a súa presencia no pasado, no presente e o futuro.
Se a xustiza é o concepto co que Derrida atopa unha contrposición con Marx, considera inapropiado que sexa atacado dende outras frontes oportunistas. É dicir, considera que a crítica que se lle faga debe ser coherente co pasado, co presente e co futuro, desentrañada dende o interior do propio amrxismo, de aí as temidas pantasmsa que asolan ao propio Marx, queréndoos desterrar da súa vida sen éxito por vivires xunto a eles aterrado por un dobre ego. É ese dogmatismo metafísico relixioso do que Marx goza, un tratamento mesiánico, xa sexa coma auténtico demonio por algúns ou por mesías por outros, extrapolando a sendeiros extremos argumentos e abandonando a análise obxectivo deste personaxe e o seu conseguinte legado.
Non se trata de simplificar a tarea, senón xustificar a súa dificultade e o reto necesario que resulta para o devir filosófico establecer esta conversa entre o marxismo e a deconstrución derrideana. A fin de contas, isto constie en chegar da proposta xeral ao particularismo desengranado, ó detalle do que partir, á reafirmación do endeudamento da historia ante o marxismo, e á vez a súa re-lectura crítica, o posicionamento de respostas afirmativas para preguntas opostas e viceversa. Por que, entón, espectros -en plural- de Marx? Precisamente esta análise de diferentes respostas é o que nos invita a posicionar diferentes espectros, diferentes interpretacións e toda esa conxura da que falamos. É necesrio asumir o legado de Marx, incluso aquel que o interpretase erróneamente, pois forma parte da Historia. Pero todo isto vai máis alá, pasa dunha cuestión localizada a unha pregunta xeral. Marx consideraba, grosso modo, a ideoloxía como relixión, entón o fantasmagórico sería unha clara referencia ao relixioso. Que fai entón Jacques Derrida? Reler a filosofía occidental entendendo a Marx como un dos maiores expoñentes da mesma, e por medio dunha deconstrución do propio Marx, analizar o espectro que transcurre dende o pasado hacia o futuro transversalmente.
É algo innegable, unha necesidade de perseguir e tratar de ocultar a presencia fantasmal do comunismo, mais sendo imposible xa que a pantasma non pode desaparecer porque xa está ausente e presente, outorgándolle a visibilidade ao invisible. E, dentro de toda esta disputa, a voz de Jacques Derrida xurde como un discurso afastado do posicionamiento ideolóxico dun ou doutro bando, centrándose en amosar sobre o taboleiro as distintas figuras do xogo, lembrando que existen outras que non se poden esquecer. De aí o espectro, que perseguirá positivamente a todos os seu lectores, recordándolles que non permitan ser cegados polas posibeis luces dominantes, rememorándonos que aquela realidade que Marx presentou e que foi lida e interpretada de mil xeitos sempre seguirá presente, no bo e no malo.
Quen ía pensar que a conclusión dunha proposta que comezou a ler os principais pensadores do século XX levarianos a pensar que non todos es espectros teñen esa connotación temerosa e negativa, senón que poden ser a representación dunha presencia inexistente pero tan real como os feitos da Historia mesma? Sea como fora, nesta lectura somos testemuñas dunha conversa entre dous sabios do seu tempo, no que o primeiro pese a ser un suxeito pasivo logra responder a través da súa inexorábel presenza, outorgando unha capacidade de emprender un diálogo con aquel que interpretou as súas propostas. Así, e citando ao propio Derrida, hai que ter en conta a aqueles que “sempre están aí, aínda que non existan, aínda que non estén, mesmo que aínda non estén”. Non deixan de ser aqueles sobre os que cimentamos o noso presente, así coma os mesmos que os interpretan abandonarán o inevitábel mundo material para convertirse novamente nestas formas espectrais que permanecerán nun “olvido activo” nas novas xeracións. A lectura de Marx foi mal interpretada por moitos, foi tratada de ser ocultada por outros e, incluso, foi prohibido por aqueloutros. Emporiso ese medo non fai máis que outorgarlle máis vida a un non vivo, a un espectro do que non poden escapar aínda que sexan eles os perseguidores, aínda que o xogo do gato e o rato se nuble entre as tebras do espectro fantasmal que nunca os abandonará sen estar sequera presente, moito menos sen estar ausente.
Fotografía de portada: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Derrida_Dibujo.jpg
Teo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de doce meses na Benemérita Universidad Autónoma de Aguascalientes. Estudei o mestrado de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2019) e o mestrado en Formación de Profesorado (2019). Os meus intereses están vencellados ás implicacións da migración galega tanto nos lugares de destino como nos de partida e aos estudos de xénero na Galicia contemporánea.