Convocatorias

CONVOCATORIA ABERTA

Convocatoria de recepción de artigos para a revista Mazarelos 8

Información

Mazarelos é unha publicación física e dixital que recibe artigos orixinais vencellados á Historia, ás Humanidades e ás Ciencias Sociais en galego. A revista está indexada en DIALNET, LATINDEX e MIAR.

Cada novo número agrupa un texto referido a un persoeiro, cinco artigos de investigación e divulgación, unha entrevista e un artigo de difusión dunha asociación ou agrupación cultural. Ademais, a revista pode incluir poemas, recensións de libros e reportaxes de actualidade. Invitamos á comunidade a enviar
propostas de artigos para o número 8 de Mazarelos: Revista de Historia e Cultura.

Podes ver na seguinte ligazón as normas de publicación.

O prazo de recepción de artigos remata o 20 de marzo de 2022.

Para calquera outra dúbida, podes poñerte en contacto connosco vía correo electrónico a revista@mazarelos.gal.