Presentación

Revista Mazarelos

A Revista Mazarelos nace como iniciativa de mazarelos.gal en outubro de 2019. Grazas a un crowdfunding en goteo.org conseguimos a financiación para publicar o primeiro número dunha revista de investigación histórica e ciencias sociais que serva de lenzo onde se formulen novas preguntas e novas liñas de pesquisa. O primeiro número sairá ás rúas en novembro de 2019. Queremos publicar tres números ao ano, polo que continuará cun segundo número en marzo-abril de 2020.