Vagando entre ideas: “Pensar Históricamente”, de Pierre Vilar.

David Miguel Rodríguez Martínez

“O que crea un señor non me importa; o que sabe si, até certo punto; o que está razonando, se é ben razonado ou non, si”.

Unha aportación inocente no corazón dunha entrevista que ben pode representar a proposta metodolóxica da ensinanza da Historia de Pierre Vilar, francés continuador da escola dos Annales especializado na Historia de España. O novo punto de partida deste autor, adherido ao tipo ideal historiográfico -e crítico- marxista, vai partir da experiencia propia como protagonista dun episodio histórico que puidese representar a tantos miles de individuos ao longo do século XX. Así, nin nas peores circunstancias personais abandonou a posición de historiador-observador e incluso testemuña padecente dos feitos, logrou inscribir dentro dunha dimensión histórica os diferentes elementos da sociedade.

Para unha maior comprensión do que o autor decidiu denominar Pensar Históricamente, desengranaremos algúns dos aspectos desta obra que nos permita desenvolver a identidade deste historiador. Pese a ser unha publicacións dos seus últimos anos -comprendendo que o autor nacera nuns xa moi distante comezos de século, e devandita obra é editada e impresa a finais dos anos 90′- e a necesaria axuda de Rosa Congost debido ós seus problemas de saúde, esta obra, estructurada como unha auténtica autobiografía reflexiva, reflictirá os seus diferentes episodios vividos. Foi unha proposta que lle plantexaron coa fin de establecer unha construción da realidade europea. O propio Vilar comezou a darlle unha volta -lonxe do posmodernismo, mais incluíndo elementos como o de ir máis aló da Historia Social e receptivo ante novas perspectivas metodolóxicas- á exigua análise discursiva, comezando a súa proposta cun estudo do propio vocablo empregado para definir os grupos creados polos homes, así como reflexionar sobre a nova entidade en cimentación. É unha concepción lingüística que parece albergar máis áreas que a mera Historia.

Na entrevista citada ao comenzo, vemos como Pierre Vilar define tres pilares esenciais de traballo -catro posteriormente trala súa resposta-: Freud, representando a psicoanálise; Marx, a proposta socioeconómica; e Durkheim a socioloxía, engadindo posteriormente a Adler como estudoso da conduta humana. Como vemos, a proposta do xeógrafo e historiador é multidisciplinar, tratando non só de coñecer os elementos centrais dun episodio histórico, senón os propios dictámenes sociais que a conduta humana pode derivar dos mesmos, así como a combinación entre suxeito paciente do contexto e a actitude do propio individuo creado a partires dunha sociedade alieanada ao seu presente. Estes postulados ligados ás súas lembranzas como fonte primaria, suxeitos á crítica, formarán parte do discurso que Vilar nos amosa nesta reflexión.

Unha nova percecpción como punto de partida será presentada, vinculada ao particularismo analítico terminolóxico do sagrado. A partir de cancións e lembranzas dos seus tempos escolares e este mesmo proceso sacral, empregará a idea durkheiniana da coxuntura ou revolución copernicana entre a relación do sagrado e o cotiá. Parte dunha proposta conceptual que analizar para así estudar a conduta humana, sendo moito mías ambicioso ca a mera análise descriptiva dun periodo histórico. Deste xeito xurde un modelo vencellado ao unanimismo e a súa distinción entre mundos interactuantes, abrindo un novo matiz na proposta antropocéntrica clásica, vinculado a unha incursión de recursos doutras disciplinas como a socioloxía.

Avanzamos a partir dese momento á serie de lembranzas que amosaría como fío argumental -e por ende segunda parte da obra- para comezar cun desenvolvemento desta proposta. Da súa infancia sobresairá o contexto bélico dun rapaz de familia de corte liberal -maestros- localizados no sur francés, reflictindo un tipo social común. Tratará de afastarse como expoñenete de ideas sobre o bolsechivismo e a súa posíbel atracción, refutando que se trataría dunha maior aproximación aos obreiras netamente franceses que a influencias exteriores.

Seguiría o segundo capítulo no que a Historia como disciplina de estudo entra en xogo a través do seu paso pola Escola Normal Superior e a propia adaptación institucional, atraído por áreas como a xeografía e a economía. Aquí amosará a súa preferencia ante a denominada Historia Total como aquela análise de procesos reflexivos coma o lingüístico ou o netamente intelectual; así como a perigosidade de elixir un tema do que se teña unha idea preconcebida. Ademais, enfatizará nesta mesma liña argumentativa o ideal da comprensión da conduta humana, botando nesta ocasión man da socioloxía e da psicoanálise para comprender o que os actores dun periodo histórico non puideron, concentrándose nos cambios da coxuntura intelectual en función do contexto que esté vivindo ou xa sufrira.

Impera unha idea distante do socialismo activo, xa que non se sentía atraído polas vertentes sinaladas, até que chega un terceiro momento no que o seu interés pola vecina España e o posicionamiento por unha proposición que moitos quixeron categorizar como marxofreudiana. Grazas ao contexto barcelonés e a unha actitude moi modesta e pausada, Vilar inicia a súa experiencia de investigación acadando un potente exponente co estudo que realizad xunto ao psicoanalista Brachfeld sobre a conduta individual e grupal humana. Comeza a ver unha relación entre o nacionalismo e o socialismo, contemplando o xurdimento de conceptos como resentimento ou loita, unha parella irrecoñecible que busca elementos tan dispares por un lado pero parellos polo outro. Con todo, isto chega á crisis dos 30′ e un período de maior madurez no que colaborará tanto cos Annales por una beira, como establecerá unha relación entre a experiencia dos ollos do historiador e o seu coñecemento ca complexa realidade social vivida, achegándose aos derroteiros de Marx no seu camiño.

Foi entón a época española un periodo de formación imprescindible para a comprensión do seu modelo de funcionamento da interpretación histórica, chegando aos últimos capítulos que versarán sobre o contexto novamente bélico e os seus anos de cautividade. Aquí, Vilar estudará a perspectiva de inestabilidade social previa ao golpe militar, estudando a conduta e a súa posterior actividade reaccionaria en certos grupos ca guerra instaurada coma o caso dos campesiños franceses e catalanes, e a actitude hostil a favor da causa republicana por parte das instituciones francesas. O contexto determina a actitude, vinculándose ao Partido Comunista e á idea de cambio revolucionario por riba da cesión ante o Eixo, facendo descubrimentos auténticamente importantes como a referencia cara o estudio de España de Marx.

Por último, comezando pola súa partida a Alsacia, será enviado ao frente como tantísimos individuos europeos, chegando á experiencia que tanto marcará ao autor: o cautiverio. Nesta derradeira fase o fin xustificou o medio segundo Vilar, negando a existencia dun axuste entre a ciencia e a moral. Durante estes cinco anos de cautiverio, o francés estudiará amplamente a conduta humana a través do avance colaboracionista e antisemita. E non só se trata das atrocidades da guerra. Outro punto foi a falta de responsabilidade colectiva frente aos actos perpetrados vinculados ao concepto de nación. Voltamos onde xa comezáramos: unha filosofía analítica co estudo da linguaxe, a través do xiro lingüístico.

Como conclusión, rescataremos as palabras do propio Vilar, o que dicía textualemnte que “A historia é tráxica, pero é mellor dedicar os nosos esforzos en comprendela que intentar saír dela”. Parte dun ideal no que a maior cualidade do ser humano é a construción frente a destrución, e por ende o esforzo en analizar os cimentos dos propios episodios históricos a través dunha suposta proposta autobiográfica explicar a complexidade que unha psicoloxía nacional trae de por si, como para tratar de falar dunha Europa en conxunto. Sen dúbida, un pensador que logrou interrogar os problemas contemporáneos a través dunha experiencia tanto académica como personal.

BIBLIOGRAFÍA

Vilar, P. Pensar Históricamente. Reflexiones y Recuerdos (Madrid: Crítica, 1997).

Entrevista de Aron Cohen e Rosa Congost a Pierre Vilar no Ciclo “El intelectual y su memoria” (1998). Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=9Pu-eUyj01w [Data de consulta: 13 de xaneiro de 2019].

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade