Miguel Rodríguez Martínez
O paso do socioeconómico ao mental, antropolóxico e ao cultural. O abandono das correntes tradicionais e as súas representacións de individuos puntuais, nunca de realidades cotiás. O xiro crítico que Le Goff adiantara, o novo punto de vista dende o que interpretar a Historia segundo as propias mentalidades. Todo isto e moito máis representou Roger Chartier a través dunha nova concepción desta disciplina, ponte entre a revolución historiográfica e o posmodernismo, cunha paradigmática obra que continúa sendo moi relevante na actualidade: “El mundo como representación. Estudios sobre Historia Cultural”.
Se os Annales -fortemente transformados co paso do tempo- realizaran unha primeira experimentación a partir dun número de 1989 titulado Intentemos la experiencia, Roger Chartier exemplificou a construción dun espacio de reflexión nesta propia liña de análise. Tres foron as seccións que decide establecer, seguindo unha primeira proposta máis teórica cara unha transición deste modelo teórico cara unha realidade práctica, non sen antes establecer unha xustificación do método que empregou nun pequeno mais clarificador limiar.
O autor nado en Lyon comezou establecendo unha primeira diferenza. Distiguiu a historia cultural, entendida como unha historia das representación e das prácticas, da historia das mentalidades e a súa acepción clásica. Admite os extensos logros da mesa, pero argumenta que os postulados que a fundan non serán suficientes para establecer unha ambiciosa realidade cada vez máis posíbel de acadar. O primeiro elemento pois que critica foi a concepción de linguaxe, da cal as súas xeneralidades conlevan malinterpretacións alonxándonos da auténtica tarefa. Por outra banda, a adecuación demasiado básica entre divisións sociais e diferencias culturais. Por último, a primacía dunha mentalidade colectiva en detrimento dun estudo das formas textuais que vehiculan a súa expresión. Polo tanto, seguindo a liña deses herdeiros dos annales, a desvinculación dos textos anteriores coa fin de outorgar ao novo punto de vista un renovado ar, salvando aquelas excepcións que o propio Chartier considera indispensábeis como a de Durkheim e a súa dinamización no proceso de comprensión entre os sistemas de percepción e de xuizo e as fronteiras que atravesan o mundo social.
Por medio dos Debates e interpretacións, agruparanse un conxunto de catro escritos nos que o intelectual francés plantexa unha revisión historiográfica na que, como consecuencia a unha nova proposta metodolóxica vinculada a unha concepción de historia cultural plantexada polo propio autor. É unha denominación semellante á proposta da historia cultural do social, suscitada por un xiro cara o estudo do conxunto de individuos e obxectos culturais dentro dun espazo social. Deste xeito, logramos unha dobre dimensión na proposta de estudo cunha connotación particular do proceso e elementos a estudar, e unha realidade máis extensa que representaría o todo social. Existe unha ruptura co dterminismo no que o todo proxecta unha ruptura no modelo social preestablecido do individuo que no seu conxunto forma unha sociedade. Botou man a postulados anteriores pese unha idea rupturista, ademais do xa mencionado Durkheim doutros notorios intelectuais como Elías e Febvre, sempre con matices. Desta forma, estableceu unha historia totalizadora e ao mesmo tempo concreta, sen pescudar unha verdade dogmática universal, nin un particularismo específico pouco representativo. O todo e a nada, o pouco e o moito, o establecemento do particular e o xeral como único elemento a analizar.
O xiro acadou o devir que a longa duración implicaba, cimentando unha Historia hexemónica dende o multidisciplinar, algo así como romper o encasillamento en diferentes doutrinas para crear unha revestida de todos os elementos necesarios interdisciplinares na búsqueda da interpretación “correcta”. Pero este marco teórico de gran calidade tiña que ser representado, e os encargados de devandita tarefa serán os libros a través dunha relación entre o social e o cultural materializada no libro e na lectura. Desta forma, o escrito convírtese nun obxecto independente do creador e se significa para cada lector de xeito permanente, aberto a diferentes interpretacións. Así, lograriamos explicar as diferentes posición polas cales un individuo pode optar en función do seu contexto e da súa propia identidade do mesmo proceos. Eiquí é onde aparece a práctica leitora, que construirá as relaciósn entre os propios individuos entre sí moito máis alá que o mero círculo de leitores da obra.
Por último, a derradeira fase que este autor propón exemplificará mediante a literatura os procesos que comentamos. Non desenvolveremos a amalagama de interpretacións que os mesmos reciben, pero si mencionaremos que empregou dous casos paradigmáticos como representantes da materia de estudo: a literatura picaresca e, ademais, o que denomina os intelectuais frustrados. Secasí, apareceron elementos de manifesta importancia para o seu discurso como o imaxinario popular frente á memoria histórica, polémico ao caer en certos matices que nos lembran ao relativismo.
A modo de conclusión, a proposta de Chartier supón un modelo de transición dunha aposta historiográfica do século XX científica e empírica de carácter cultural, en dirección a matices que nos invitan a pensar nun posmodernismo no que a Historia se convirte nunha disciplina non só total como fora plantexada nos annales, senón globalizada e multidisciplinar. O obxectivo foi abordar un todo homoxéneo, polo que existe unha rutura importante en canto á metodoloxía de estudo, lonxe dos modelos anteriores mais sen desprestixialos. Debemos entón velo como a continuación de aqueles que non chegaron até o procesos destes tempos, a toma das ideas que consideraron oportunas e importantes clásicas para os seus discursos e críticas pertinentes a modelos pasados. Sen dúbida, un autor que marcou un antes e un despois no quefacer historiográfico.
Imaxe de cabeceira: Roger Chartier nunha charla en Buenos Aires. Fotografía: Mauro Rico / Ministerio de Cultura de la Nación cunha licenza CC BY-SA 2.0.
Teo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de doce meses na Benemérita Universidad Autónoma de Aguascalientes. Estudei o mestrado de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2019) e o mestrado en Formación de Profesorado (2019). Os meus intereses están vencellados ás implicacións da migración galega tanto nos lugares de destino como nos de partida e aos estudos de xénero na Galicia contemporánea.
- David Miguel Rodríguez Martínezhttps://www.mazarelos.gal/author/miguelrodriguezmartinez12/
- David Miguel Rodríguez Martínezhttps://www.mazarelos.gal/author/miguelrodriguezmartinez12/
- David Miguel Rodríguez Martínezhttps://www.mazarelos.gal/author/miguelrodriguezmartinez12/
- David Miguel Rodríguez Martínezhttps://www.mazarelos.gal/author/miguelrodriguezmartinez12/