Un de cada catro

Un de cada catro é a porcentaxe de traballos de fin de grao que se fixeron en galego na USC no 2020. Efecto dominó que comeza nas presentacións de diapositivas das aulas, nos apuntamentos e nas preguntas dos seus exames. E de aí, catro anos despois, ao proxecto de investigación para finalizar a carreira. Non parece o mellor contexto para decidir libremente. Non deberían tamén ser galegas as letras coas que se escribe en aulas e investigacións?

O noso esforzo por abrir marcos no mundo da divulgación demostrou nestes dous anos e medio -con máis de 250 artigos na web e na revista, 100 colaboradoras e un crecente público interesado-, que unha pequena iniciativa pode publicar e compartir, os 365 días do ano, contidos en galego. Mirando ao mundo sen complexos, de xeito próximo e con entusiasmo.

Como titulaba Xela, estamos a favor da Denuncia do equilibrio promovendo algo tan ironicamente novo e radical como é empregar a nosa lingua.

Para acceder ao resto de datos sobre usos lingüísticos na USC, preme aquí

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade