Sobre Mazarelos

O compromiso pola Historia, pola lingua e pola cultura desta terra levou a un grupo de graduados en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela a adicar parte do seu tempo na difusión de artigos vencellados ao mundo das Ciencias Sociais en galego.

Mazarelos non ten límites temáticos ou cronolóxicos. Cadaquén publica seguindo as liñas de investigación nas que estea traballando ou os seus intereses. Estamos abertos á colaboración, non dubides en consultar os liñamentos editoriais e poñerte en contacto con nós para explicarnos as túas ideas.

Podes coñecer máis sobre o proxecto aquí.

cabeceira


EDITAN

Miguel Rodríguez Martínez – Artigos –  
Teo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de doce meses na Benemérita Universidad Autónoma de Aguascalientes. Estudei o mestrado de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2019) e o mestrado en Formación de Profesorado (2020). Os meus intereses están vencellados ás implicacións da migración galega tanto nos lugares de destino como nos de partida e aos estudos de xénero na Galicia contemporánea.
Roque Sanfiz Arias – Artigos –
Fene, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de nove meses na Universidade Jagiellonski de Cracovia. Estudei o máster de Historia Contemporánea na Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente curso o doutoramento na USC, investigando sobre a historia social do deporte en Galicia na primeira metade do século XX.
Mateo Martínez Torres – Artigos  –  
Ourense, 1996. Graduado en Historia (2018) e Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (2019) pola Universidade de Santiago de Compostela. Os meus estudos céntranse na limpeza política levada a cabo polos sublevados durante o Golpe, a Guerra e a Ditadura, en concreto o caso galego. Así mesmo, investigo sobre a didáctica dos xenocidios e o ensino da Historia do século XX.

COLABORAN

Carlos Quivén Sánchez – Artigos
O Barco de Valdeorras, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursei o Mestrado en Historia Contemporánea na mesma universidade e o Mestrado en Formación do Profesorado de Ensino Secundario na UVigo. As liñas de investigación polas que me intereso son a conflitividade social, a acción colectiva e a violencia nas súas diversas expresións. Asemade, teño interese polo período de entreguerras e o ascenso dos fascismos en Europa.
Sara Penide de la Torre – Artigos
Vilagarcía de Arousa, 1996. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente cursando o máster de Historia Contemporánea na mesma universidade. Os meus intereses son a historia de xénero, os estudos sobre Memoria Histórica, a historia social e o fenómeno represivo.
Nicola Zengiaro – Artigos
Vicenza, 1992. Licenciado en Filosofía pola Università di Torino, cursando actualmente o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Vice-presidente da plataforma Gallinae in Fabula, editor da revista Animal Studies e colaborador doutras como o Laboratorio Galego de Ecocrítica ou o Centro Studi Filosofia Posthumanista. Interesado en cuestións como o posthumanismo, o antropocentrismo e a bioética.
Lucas Sánchez Taboada – Artigos
Gomariz, 1994. Graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudei o mestrado de Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. As miñas liñas de investigación actuais versan sobre historia e arte na Comarca do Ribeiro, así coma estudos iconográficos adicados en especial á arte marxinal.
Jose Carlos García Vega – Artigos
Fene, 1997. Graduado en Historia (2019) e cursando o Máster de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Interésame o papel que desenvolve a Historia na sociedade, a memoria -e o olvido-, a historia sociocultural e das mentalidades, e tamén o desenvolvemento das ditaduras, a guerra e os conflitos no s. XX. Actualmente centro as miñas investigacións na relación entre Historia e os videoxogos dende o punto de vista dos historical games studies.
Lucía Veciño Souto – Artigos
Ponteceso, 1991. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2013). Ano no que comecei o mestrado de Educación, Igualdade e Xénero na mesma universidade, especializándome na Historia de Xénero contemporánea. Teño un especial interese polas liñas de investigación da memoria histórica, historia de xénero e a historia agraria bretoa e galega. A día de hoxe son técnica administrativa da Fundación Galiza Sempre e compaxino esta labor escribindo artigos para algún xornal e revista tanto da Bretaña como de Galiza.
Uxía Martínez Fernández – Artigos
Teis, 1994. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2017), centro no que estou cursando o Máster en Historia Contemporánea hoxe en día. Na actualidade estou centrada no estudo local dos movementos sociais urbanos na Galiza do Tardofranquismo e da Transición. Da mesma maneira, tamén estou interesada noutros aspectos da acción colectiva, como as diversas prácticas de violencia política que se deron no mesmo período histórico e a súa influencia sobre o devir do proceso.
Brais Ferreiro Ares – Artigos
Redondela, 1996. Graduado en Historia pola USC (2014-2018) co TFG “A Transición nunha vila. Redondela, un estudo de caso municipal (1970-1980)” e Máster en Historia Contemporánea tamén na USC (2018-2019) co TFM “A Transición municipal en Galiza (1970-1983) a través de varios concellos do sur pontevedrés (As Neves, Bueu, Redondela, Soutomaior e Tui)”. Actualmente curso o Máster de Profesorado na USC. As miñas liñas temáticas céntranse na Transición do Franquismo á Democracia, especialmente dende o punto de vista municipal, aínda que tamén son do meu interese períodos como a Segunda República, o Franquismo e a Historia da Galiza contemporánea.
Raul Lojo Dieste – Artigos
Boiro, 1996. Estudante do Grao de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolvo a miña actividade investigadora principalmente no campo da Epistemoloxía e a Filosofía Política.
Manuel Lago Berdeal – Artigos
Viveiro, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando na mesma o Máster en Historia Contemporánea. Teño especial interese nos movementos de resistencia á ocupación nazi e, actualmente, os meus estudos están vencellados á resistencia antifranquista e guerrilleira no norte de Galicia.
Xaquín Bermello Corominas Artigos
A Coruña, 1996. Graduado en Historia (2018) e máster en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2019). As miñas liñas de investigación enmárcanse na Revolución Cubana, nas redes transnacionais da esquerda armada e na relación entre as descolonizacións e o Estado colonial, especialmente o caso portugués. Fóra das décadas dos sesenta e setenta interésanme as experiencias dos exilios durante a ditadura franquista.
Phillip Duncan Webb – Artigos
Milton Keynes, 1992. Licenciado en Historia e Estudos Hispánicos pola University of Birmingham (2014). Actualmente doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Escribo a miña tese sobre a presenza de inmigrantes galegos no Paraguai (1860-1960). Membro da Asociación Española de Americanistas. Co-fundador da revista cultural A Que Cheira, Papá? Fun vikingo no entroido de Xinzo.
Clara Reigosa Lombao – Artigos
Lugo, 1996. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2018). Máster en Estudos Avanzados de Museos na Universidade Complutense de Madrid (2020). Actualmente realizo o M.A. en Museum Studies na New York University cunha beca de posgrao da Fundación Barrié. As miñas liñas de investigación céntranse en aspectos relacionados coa museoloxía e a museografía. Teño especial interese nas novas museoloxías e na concepción do museo como un espazo de educación e comunicación para todos os públicos.
Alicia Losada García – Artigos
A Coruña, 1995. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2018). Actualmente, cursando Deseño de Moda no Instituto Europeo di Design. Interesada especialmente nas artes aplicadas, as miñas investigacións céntranse nas relacións entre a moda e a arte ao longo da Historia.
Andrea Montes González – Artigos
Venezuela, 1992. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente cursando o Máster en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural na Universidade de Vigo. Os meus intereses abarcan dende a historia da arte medieval ata a arte urbana, aínda que tamén me interesa a arte en relación coa antropoloxía e o seu reflexo na sociedade.
Menalia Yáñez Basanta – Artigos
Viveiro, 1994. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Conservación do Patrimonio Cultural pola Universidade Complutense de Madrid. Os meus estudos defínense con dúas liñas de investigación moi diferentes: por unha banda, a simbiose existente entre a pintura e o cine, con especial interese no cine español da man de Víctor Erice; e por outra, a conservación, centrada naqueles lugares que aínda están sen musealizar, en concreto a Buchería, localizada na Catedral de Santiago, onde fixen a miña Beca FEUGA.
Giovani José da Silva – Artigos
Sao Paulo, 1972. Doutor em História (UFG, 2009), com Pós-Doutorado em Antropologia (UnB, 2013) e em História (UFF, 2017). Atualmente, é professor na Universidade Federal do Amapá (Unifap), onde leciona Metodologia do Ensino de História na graduação e na pós-graduação. É autor, dentre outras obras, de Atikum – os índios negros de Mato Grosso do Sul (Editora CRV, 2019).
María Núñez Cobas – Artigos
Lugo, 1996. Graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (Humanidades) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente realizo o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato por Xeografía e Historia. As miñas liñas de investigación céntranse no estudo das mulleres en movementos sociais, políticos e de loita durante o século XX. Tamén teño especial interese nos movementos revolucionarios de transformación social enmarcados na Idade Contemporánea, en especial a Revolución Rusa e a Revolución Cubana.
Jose Manuel Suárez García – Artigos – 
Segufe (Coristanco), 1995. Graduado en Historia da Arte (2018) e cun mestrado en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico (2019) pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade curso o programa de doutoramento da USC cunha investigación sobre a historia da morte, o necroturismo e a arte funeraria no século XIX. Os meus estudos adoitan relacionarse coa arquitectura e o urbanismo, as mentalidades e a cultura da época contemporánea.
David Lage López – Artigos
Lugo, 1995. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2018), posteriormente realicei o mestrado de Historia Contemporánea pola mesma universidade e agora atópome estudando o mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. As miñas liñas de investigación centráronse na formación da sociedade de consumo e as súas características no modelo español e galego, así coma os niveis de vida e salarios da clase traballadora.
Alexandre Balboa Cintrón – Artigos-
Pontevedra, 1994. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursei o máster de Historia Contemporánea na mesma universidade. As miñas liñas de interese son a conflitividade social, a violencia política e a acción colectiva, incluindo o seu enfoque para o ensino nas aulas de Secundaria. Ademais, estou especialmente interesado no caso do independentismo en Puerto Rico e a súa conexión coa nova esquerda en América Latina e EE.UU na segunda metade do XX. Actualmente estou opositando.
Carmela Rodríguez Rodríguez – Artigos
Coristanco, 1995. Graduada en Historia da Arte (2017) cun mestrado en Xestión de Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (2018) pola Universidade de Santiago de Compostela, e mestrado en Formación do Profesorado (2019) pola Universidade Alfonso X El Sabio. Na actualidade oposito para profesora de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato na especialidade de Xeografía e Historia.
Santiago Rodríguez Caramés – Artigos
Vigo, 1994. Graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, é na actualidade contratado predoutoral no Departamento de Historia da Arte. Desenvolve a súa tese de doutoramento sobre o papel do vernáculo, o local e a tradición na arquitectura galega de finais do século XX. A súa investigación atinxe o eido historiográfico, mais tamén de xeito fundamental a teoría da arquitectura, analizando as dinámicas arquitectónicas galegas dende a perspectiva do rexionalismo crítico e outras lecturas que concilien as linguaxes contemporáneas co pouso cultural e construtivo do país.
Rodrigo Alejandro de la O Álvarez – Artigos
Campeche, 1985. Investigador pos-doutoral en Historia polo Centro de Investigacións e Estudos Superiores en Antropologia Social (CIESAS). Obtiven o Premio á Mellor Tese de Doutoramento pola Academia Mexicana de Ciencias (2015). Os campos de investigación nos que estou inmerso xiran en torno ao estudo da xeografía histórica, intercambios comerciais, eventos de violencias, así como análise social e cultural das emocións integrado na historia colonial do Golfo-Caribe, de modo específico na historia do fenómeno da pirataría.
Arturo Real López – Artigos
Ourense, 1995. Graduado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, máster en Historia Contemporánea pola USC, e actualmente doutorando en Historia Contemporánea desta mesma universidade.A miña tese pivota arredor da formación, desenvolvemento e consolidación dos partidos conservadores de corte estatal na Galicia da Transición, con énfase no proceso de formación de elites institucionais dos mesmos, e da relevancia dos organigramas políticos previos. Xunto con iso, desenvolvín investigacións centradas no campo do sindicalismo católico a comezos do século XX, ou as violencias políticas na Transición.
Marina González EstévezArtigos
Ferrol, 1997. Estudante de Filoloxía Hispánica, minor na área de Teoría literaria. Interese no ámbito da socioloxía, especialmente no campo do feminismo e as escrituras dende o corpo. Actualmente en Compostela.
Adrián Feijoo Sánchez Artigos
Bergondo, 1995. Graduado en Historia e mestrado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Profesorado pola Universidade de Vigo. Na actualidade cursa o Doutoramento en Historia Contemporánea na USC, investigando sobre as relacións diplomáticas entre os EEUU, a OEA e os países da área do Caribe no escenario post-Castrista.
Laura Rodríguez RodríguezArtigos
Salvaterra de Miño, 1999. Estudante do Dobre Grao en Historia e Xornalismo na Universidade Rei Juan Carlos. Curso o meu cuarto ano nestes estudos coa vontade de especializarme en profundidade na Historia. As miñas liñas de interese son a Historia Medieval, a Historiografía de Xénero e a Antropoloxía co fin de que estas disciplinas poidan axudar á lectura do noso presente.
Juan LópezArtigos
Augapesada, (Ames) 1995. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia dun curso académico na Universidade Jagielloński en Cracovia, Polonia. Actualmente curso o máster de profesorado na especialidade de Xeografía e Historia na Universidade de Granada. Os meus intereses están vencellados a historia do século XX, especialmente no centro-leste de Europa, e a evolución e desenvolvemento dos distintos movementos político-sociais.
Marcos DonoArtigos
Compostela, 1991. Máster en Psicoloxía da Intervención Social pola Universidade de Granada e actualmente Doutorando en Comportamento Social e contratado predoutoral do Ministerio de Ciencia e Innovación na Universidade de Santiago de Compostela. A miña investigación céntrase no estudo das variables psicosociais que motivan a participación das persoas en movementos políticos e acción colectiva, así como aquelas que poden predicir o extremismo político. Máis concretamente, estudo como a moralidade humana e os procesos psicolóxicos relacionados coa mesma inflúen os citados comportamentos.
Esther Nidáguila López Artigos

Pontedeume, 1996. Graduada en Xeografía e Ordenación do Territorio pola Universidade de Santiago de Compostela (2018). Maestrado en Planificación e Desenvolvemento Territorial Sostible pola Universidad Autónoma de Madrid (2019). Teño especial interese no urbanismo e na sostibilidade territorial, sobre todo nas formas de ocupación do territorio e na expansión das cidades.

Nicolás Alén GuimeránsArtigos
Vigo, 1999. Na actualidade curso os Estudos Artísticos Superiores na especialidade de piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Estudante de Xeografía e Historia na UNED. Móvome entre diferentes aspectos da Historia social occidental pero sempre coa expresión artística como piar central. A cabalo entre o medieval e a modernidade.
Martín Pérez ValeArtigos
Galdo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén cursei o Mestrado de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade. Os meus obxectos de interese son a historia política e a arqueoloxía funeraria durante a Alta Idade Media, especialmente no territorio galego e nas Illas Británicas.
Pablo Martínez SánchezArtigos
Vigo, 1997. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2019) cunha estancia de 9 meses na Charles University de Praga, República Checa. Mestrado do profesorado na Universidade Europea de Madrid (2020). Actualmente profesor de segundo da ESO nun colexio de Vigo. Os meus intereses céntranse na Historia Moderna e Contemporánea de Europa, en concreto o espazo xeográfico do Leste e do Centro de Europa, atendendo á historia social e política da antiga Unión Soviética e os Balcáns. Profundo interese tamen nas súas linguas e manifestacións culturais.
Sputnik LabregoArtigos
Sputnik Labrego é un proxecto de investigación formado por unha ducia de persoas cuxo obxectivo é o estudo das sociedades labregas na longa duración histórica. Entre as súas actividades máis importantes están as escavacións na Ciudad de la Selva, un conxunto de campamentos da guerrilla antifranquista, en Casaio (Ourense) e a análise da fin do Imperio Romano na bisbarra de Valdeorras.
Carmen Elsa Pérez AragónArtigos
A Coruña, 1995. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago Compostela con Máster en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte na mesma. Actualmente realiza os seus estudos de doutorado no programa de Xeografía, Historia e Historia da Arte, elaborando unha tese centrada na comedia anglosaxona creada e protagonizada por mulleres.
Ángela Villamuelas CastroArtigos
Madrid, 1998. Estudante de último curso do Grado de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Os meus intereses están vencellados principalmente ao estudo do xénero e da filosofía moral.
Iria-Friné Rivera VázquezArtigos

Vigo, 1988. Patroa da Fundación Luís Seoane. Historiadora da Arte, fotógrafa e conferenciante. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialización en Arte da Idade Moderna. É autora do libro A orixinalidade radica na orixe. O concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco i é co-autora do libro Vicente Risco no xornal Euzkadi. Ten publicado en Grial. Revista galega da Cultura, Abrente e Anuario Brigantino. As suas liñas de investigacións son a estética de Vicente Risco, Camilo Díaz Baliño, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo co proxecto de Sargadelos.

Lourenzo Fernández PrietoArtigos

A Devesa-Ribadeo, 1961. Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005 e director do Departamento de Historia Contemporáneada USC. Entre outras ocupacións, dirixe o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, o fondo DOAME e a Cátedra Juana de Vega. Ten unha ampla obra relacionada coa construción da modernidade en Galicia, a innovación tecnolóxica na agricultura galega contemporánea, o mundo rural e a guerra civil.

Diego Expósito Teixeira Artigos
Vigo, 1999. Estudante do Grao de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Estou interesado nos problemas contemporáneos da ética e da filosofía política.
Carlos Calvo VarelaArtigos
Ordes, 1988. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou traballos de antropoloxía na revista Agália, na Gazeta de Antropología da Universidade de Granada e no último número de Mazarelos: revista de Historia e Cultura.
Lois Alcayde DansArtigos
A Coruña, 1997. Escritor e xornalista. Cursou o Grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, onde está a realizar estudos de mestrado. Foi redactor da TVG e é membro da emisora CUAC FM, da que foi Coordinador de Comunicación. No 2019 publicou o libro de relatos Os Jeans de María e participou na antoloxía Poesía Galega Novísima (2020). Coordinou ata 2020 a sección de xornalismo da revista Ligeia e ten publicado en Grial e Dorna. Foi gañador do I Premio Balbino de relatos polo libro “Camiños na sombra”, do 2º Premio Mazarelos da USC e obtivo o XX Premio Díaz Jácome de Poesía para Novos Creadores.
Sofía Taboada RodríguezArtigos
Ourense, 1997. Gradueime en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo no ano 2019 para continuar os meus estudos na Universidade de Santiago de Compostela a través do Mestrado de Historia Contemporánea ao ano seguinte. Actualmente atópome rematando o Mestrado de Profesorado, tamén na USC. No eido da investigación interésanme os temas que teñan relación co mundo actual, coa Historia Cultural e Política mais tamén coa Socioloxía.
Bibiana Díaz Fernández – Artigos

Friol, 1999. Estudante do Grao en Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Os temas que máis me interesan son a Historia Medieval, a Historia de Galicia e a Historia de xénero, prestando especial atención aos enfoques que aportan a esas temáticas a Historia social e a Historia das mentalidades.

Nerea López CarballoArtigos
 

Baralla, 1996. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, cursando o mestrado en Estudos Medievais Europeos: imaxes, textos e contextos na mesma universidade. O meu interese principal é o estudo de cuestións relacionadas coa rexinalidade baixomedieval e, en termos xerais, coa historia de xénero na Idade Media.

Xulián Iglesias Puime Artigos
Vigo, 1998. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente cursando o Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos. Os temas de maior interese para min son aqueles vencellados con cuestións de mentalidades e pensamento na Idade Media, así coma a plasmación do medieval na cultura popular actual.
Núria Alcaraz Coca Artigos
Socióloga e co mestrado de Dones, Gènere i Ciutadania na Universidade Autónoma de Barcelona. Na actualidade realizando o doutoramento na UAB sobre relacións de xénero nas organizacións políticas e traballando como consultora e formadora en Esberla SCCL.
Martín Álvarez RodríguezArtigos
Montederramo, 1998. Son estudante de historia pola Uvigo. Cando me enfado escribo artigos de opinión e divulgación en Praza Pública. O tema de investigación que máis interese me esperta son os pensamentos reaccionarios como o fascismo e as súas experiencias históricas.
Martín Graña PérezArtigos
Ribadeo, 1996. Son graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia dun curso na Universitat Autònoma de Barcelona. Actualmente estou cursando o grao de Dereito na Universidad Nacional de Educación a Distancia. Os meus campos de estudo céntranse na historia de Ribadeo e a súa área desde o século XVII ata a actualidade e as dinámicas e historia económica occidental desde a conformación do capitalismo mercantil.

AGRADECEMENTOS

Ángel Fernández – Deseño identidade corporativa e maquetación do primeiro número da Revista Mazarelos.