Revista Mazarelos

Apoiándonos no compromiso co rigor histórico e a lingua galega, lanzamos aos quioscos unha revista en papel para impulsar a publicación de novos enfoques e novas correntes. Unha Historia actual, científica e rigorosa á vez que didáctica e asumible para todo o mundo. Grazas a unha campaña de micromecenado e a 120 mecenas podemos levar adiante este proxecto. En xaneiro de 2020 sae o primeiro número da Revista Mazarelos, que terá unha periodicidade cuadrimestral e que está aberta ao envío de novos artigos para o segundo número. Se queres seguir apoiando o proxecto, subscríbete.

Revista Mazarelos #1

Revista Mazarelos 1

Edita Asociación Mazarelos
ISSN 2695-6276
Depósito Legal: C 2410-2019