Presentamos o número 14 da revista na Fundación Granell

Mañá, martes 26 de novembro, presentarase o último número da revista Mazarelos, o 14,  na capital galega. Será na Fundación Granell ás 18h. O evento incluirá unha presentación do número e unha conversa sobre o artista inglés Philip West na que participarán Eduardo López Valiña, conservador xefe da Fundación Eugenio Granell e comisario da exposición Philip West. El cuerpo de la máquina; Dolores Villaverde Solar, historiadora da arte, profesora da UDC e autora do artigo Philip West e a súa forma de comprender o mundo, publicado neste último número; e Brais Ferreiro Ares, historiador e editor de Mazarelos: revista de historia e cultura

O artista surrealista Philip West cedeu en depósito boa parte da súa obra, e doou a súa biblioteca persoal á Fundación Granell. Isto, xunto co feito de que Dolores Villaverde é investigadora habitual na Fundación, fai desta presentación unha ocasión única de achegarse tanto á figura de West como ao proxecto da revista Mazarelos en xeral.

Podes subscribirte ou facerte coa túa revista 14 na nosa tenda en liña.

Máis artigos

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade