Normas de publicación para artigos de opinión

Os artigos de opinión teñen un formato específico. Deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Teñen que ser presentadas en galego. En caso de ser noutro idioma, sería posible presentar o artigo na lingua de orixe e o equipo de coordinación estudiará a posibilidade da súa tradución á lingua galega baixo permiso e supervisión do autor.
  • A temática é libre, mais o/a autor/a debe considerar que é responsable das súas ideas e opinións. Valorarase que sexan cuestións de actualidade. 
  • O artigo debe ser inédito, quedando ao amparo dos editores o seu rexeitamento ou borrado inmediato en caso de duplicado ou copia.
  • Artigo en formato .doc, .docx ou .odt. Texto con interlineado de 1.5 e tamaño 12. A extensión máxima é de 3.000 caracteres.
  • Imaxes. Debe introducirse como mínimo unha imaxe, para servir de imaxe destacada en formato horizontal a ser posible. Debe ser enviada separada do arquivo. Só aceptaremos imaxes con licenza para a súa reproducción ou feitas polo propio autor.
  • Breve texto biográfico. Debes adxuntar un breve texto biográfico nun documento aparte de non mais de 100 palabras. Indícanos o teu lugar de procedencia, o ano de nacemento e unha breve síntese dos teus estudos, publicacións destacadas e liñas de investigación de interese. Tamén é necesaria unha fotografía.
  • Criterios formais de citado. Os artigos que quixeran engadir algunha cita deben estar adecuados ao sistema de citas explicado neste documento

Para a solicitude de publicación illada ou formar parte dunha colaboración continuada, débese escribir a demanda ao correo electrónico colabora@mazarelos.gal explicando a proposta. Para maiores aclaracións, pódese consultar a través do correo citado anteriormente, así coma no Twitter Mazarelos e o Facebook Mazarelos.