Mazarelos no Culturgal 2021!

Durante a fin de semana do 27 e 28 de novembro celébrase no Pazo da Cuiltura de Pontevedra a Feira de Industrias Culturais Culturgal.

Poderedes atoparnos no stand nº 11. Alí teremos á venda todos os números da revista Mazarelos, boletíns de subscrición e agasallos para todas!

Durante a fin de semana tamén daremos a coñecer moitos dos proxectos que están a piques de saír á luz.

Agradecemos á Deputación da Coruña a súa contibución para a nosa presenza na feira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *