Liñamentos editoriais

Co obxectivo de homoxeneizar o soporte desta plataforma, elaboramos unha serie de premisas e normas para a recepción e aceptación de artigos:

  • As aportacións deberán estar vencelladas á Historia ou ás disciplinas afins ás Humanidades.
  • Teñen que ser presentadas en galego. En caso de ser noutro idioma, sería posible presentar o artigo na lingua de orixe e o equipo de coordinación estudiará a posibilidade da súa tradución á lingua galega baixo permiso e supervisión do autor.
  • A temática é libre, mais o/a autor/a debe considerar que é responsable das súas ideas e propostas, que deben estar sustentadas en argumentos fundamentados.
  • O artigo debe ser inédito, quedando ao amparo dos editores o seu rexeitamento ou borrado inmediato en caso de duplicado ou copia noutra revista.

O envío de artigos faise directamente ao correo electrónico colabora@mazarelos.gal, especificando no asunto “Proposta artigo mazarelos.gal”. No email adxuntaránse os seguintes arquivos:

  • Artigo en formato .doc, .docx ou .odt. Texto con interlineado de 1.5 e tamaño 12. A extensión máxima é de 5.000 caracteres. É preciso indicar no texto o lugar onde queres que vaian as imaxes e as notas ao pé de páxina e bibliografía adecuadas aos criterios formais de Mazarelos.
  • Imaxes. Debe introducirse como mínimo unha imaxe, para servir de imaxe destacada. Non hai un máximo de imaxes mais cada unha debe ter o correspondente pé de imaxe cunha breve descripción e indicando a procedencia da imaxe, que será incluída no arquivo do texto no lugar onde se desexe. As imaxes deben enviarse en arquivos separados numeradas. Só aceptaremos imaxes con licenza para a súa reproducción ou feitas polo propio autor.
  • Breve texto biográfico. Debes adxuntar un breve texto biográfico nun documento aparte de non mais de 100 palabras e nun documento aparte. Indicanos o teu lugar de procedencia, o ano de nacemento e unha breve síntese dos teus estudos, publicacións destacadas e liñas de investigación de interese. Tamén é necesaria unha fotografía.
  • Criterios formais. Ao tratarse de artigos de difusión para un público extenso, suxerimos a menor cantidade de citas posibles ca fin de dinamizar a súa lectura. Os artigos deben estar adecuados ao sistema de citas explicado neste documento. As citas referentes a fontes da Internet deberán ser sobre plataformas especializadas, quedando baixo criterio editorial a súa viabilidade.

Para a solicitude de publicación illada ou formar parte dunha colaboración continuada, débese escribir a demanda ao correo electrónico colabora@mazarelos.gal explicando a proposta. Para maiores aclaracións, pódese consultar a través do correo citado anteriormente, así coma no Twitter Mazarelos e o Facebook Mazarelos.

 

Avaliación

Unha vez comprobado o cumprimento dos aspectos formais, o equipo de edición fará unha valoración da pertinencia de publicación e en caso de ser positiva pasará a ser enviado para a súa corrección a dous expertos na temática propia do artigo, seguindo o sistema de pares cegos. Todos os pasos serán comunicados ao autor ou autora.

 

Aclaración

Somos unha revista sen ánimo de lucro, interesada na difusión das Ciencias Sociais e Humanidades en lingua galega. O esforzo que estamos a realizar para levar a cabo esta iniciativa é completamente voluntario e persoal, polo que pregamos seriedade e compromiso. Moitas grazas por seguir facendo esto posible e polo apoio que estamos a recibir. Sen vós isto non sería posible, polo que sigamos facendo historia xuntas.