“Das que se quedaron”. As viúvas de vivos: unha realidade silenciada.

 Deixamos un pequeno adianto do proxecto “Das que se quedaron. As viúvas de vivos: unha realidade silenciada”. Este pequeno documento audiovisual recolle a testemuña de diferentes vítimas dunha situación indivisíbel da realidade galega do pasado século: a emigración e o exilio masculino. A historiografía centrouse nas aventuras exteriores daqueles que marcharon, silenciando ás auténticas timoneis dun barco en pleno afundimento que era Galicia a través de eufemismos aínda moi presentes na sociedade actual como “traballo doméstico”, “rural” ou “tradicional”. Neste proxecto, trataremos de darlles a voz ás auténticas protagonistas da Historia de Galicia deste tempo, contemplando como aquelas que Rosalía de Castro acuñou como viúvas de vivos lograron superar toda unha serie de obstáculos, amosando unha cultura polo esforzo e compromiso senlleiro pola terra.

A dirección e produción deste proxecto dirixido á recuperación da memoria da sociedade galega está baixo o cargo de Miguel Rodríguez Martínez, acompañado por Iago Crespo Picado e Sara Pardo Lareo encargados da labor de grabación e co-produción do mesmo.

 

Web | Máis artigos

Teo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de doce meses na Benemérita Universidad Autónoma de Aguascalientes. Estudei o mestrado de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2019) e o mestrado en Formación de Profesorado (2019). Os meus intereses están vencellados ás implicacións da migración galega tanto nos lugares de destino como nos de partida e aos estudos de xénero na Galicia contemporánea.

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade