Convocatoria de recepción de artigos para a revista Mazarelos 7 (febreiro-abril 2022)

Mazarelos é unha publicación física e dixital que recibe artigos orixinais vencellados á Historia, ás Humanidades e ás Ciencias Sociais en galego.

Cada novo número agrupa un texto a un invitado de fora de Galicia, un texto referido a un persoeiro, cinco artigos de investigación, unha entrevista e un artigo de divulgación dunha asociación ou agrupación cultural. Ademais, a revista pode incluir poemas, recensións de libros e reportaxes de actualidade.

Invitamos á comunidade a enviar propostas de artigos para o número 7 de Mazarelos: Revista de Historia e Cultura (febreiro-abril de 2022). A data límite para a recepción de todo tipo de artigos é o 5 de decembro.

Para ampliar a información sobre a convocatoria podes ver as normas de publicación e os liñamentos editoriais.

Para calquera outra dúbida, podes poñerte en contacto connosco vía correo electrónico a revista@mazarelos.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *