Colabora!

Como sempre dicimos, aspiramos a ser coma un monte en mancomún onde cada un aporte o que poda. Malia que a nosa actividade principal xira sobre a Historia e as Ciencias Sociais, non fai falla ser experta nestes temas para axurdanos. Calquera persoa pode axudarnos de diversas maneiras:

1) Escribe un artigo!

Mazarelos aliméntase da colaboración de moitas persoas que nos envían os seus artigos. Nós ofrecemos un lenzo onde calquera pode pintar. Podes facelo para mazarelos.gal ou para a Revista Mazarelos, bota unha ollada aos requerimentos de cada unha das dúas opcións!

2) Subscribete á Revista Mazarelos!

Por un reducido prezo podes axudarnos a obter os recursos necesarios para manter a plataforma online e sacar a revista en papel. Infórmate das distintas opcións que ofertamos premendo nesta ligazón.

3) Implícate!

Mazarelos é xestionado de maneira altruísta e no noso tempo libre, polo que calquera axuda é agradecida. Pensas que podes axudarnos a millorar a páxina? Sabes desenvolverte en redes sociais e tes uns cantos consellos? Explícanos a túa proposta! Podes facelo a través de revista@mazarelos.gal.

4) Contrata publicidade

Se és unha empresa ou institución e queres apoiar o proxecto, ofrecemos espazos na nosa páxina e na revista para anunciantes. Desta maneira podes axudar a Mazarelos e dar a coñecer os teus produtos ou servizos. Ponte en contacto con nós para coñecer máis detalles.

5) Séguenos e comparte!

Unha boa maneira de axudarnos a medrar é seguirnos nas redes sociais e compartir as nosas publicacións, así poderemos chegar a máis xente! Estamos no Facebook, no Twitter, no YouTube e en Instagram.